PROVINCIA
Carmela Silva subliña como “unha gran noticia” que unha muller sexa a nova subdelegada do Goberno na provincia
A Presidenta da Deputación e Ana María Ortiz coinciden en manter unha relación institucional de “matrícula de honra”.
![[Img #30460]](upload/img/periodico/img_30460.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, salientou que espera manter unha relación aínda mellor se cabe coa nova subdelegada do Goberno na provincia, Ana María Ortiz, que hoxe visitou a institución provincial na súa xira de presentación ante as autoridades da provincia.
Carmela Silva subliñou que co anterior subdelegado do Goberno, Antonio Coello, a relación institucional fora de “sobresaínte” e que esperaba que coa nova subdelegada fora aínda mellor “de matrícula de honra”, sinalou.
A Presidenta da Deputación destacou a importancia de que, por primeira vez na historia, este cargo fora ocupado por unha muller “é moi importante que se visibilice as mulleres en postos de importancia. Para min é unha gran noticia”. Silva anunciou a máxima colaboración institucional que xa estaba alcanzada co anterior subdelegado.
Por outra parte, a Presidenta tamén subliñou como unha das prioridades na que ambas coinciden son a loita contra as violencias machistas e que a propia subdelegada destacou, na súa toma de posesión, como uno dos seus principais traballos na subdelegación “máis nestes días coas cifras que temos nos meses de xaneiro e febreiro”, conclúe Silva.
Pola súa banda, Ana María Ortiz mostrouse tamén favorable a manter unha “extraordinaria relación institucional” coa Deputación de Pontevedra e, dende hoxe con esta primeira visita, “poñerse o servizo da Presidenta”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149