Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 15 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O DOG publica o anuncio de licitación da primeira fase das obras de demolición da futura Cidade da Xustiza de Vigo

Os traballos supoñen un investimento superior aos 3,2 millóns de euros e contan cun prazo de execución de 5 meses.

[Img #30466]

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe (http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170215/AnuncioG0244-070217-0002_gl.html) o anuncio de licitación relativa á execución da primeira fase, demolicións, das obras de rehabilitación do antigo Hospital Xeral para convertelo na futura Cidade da Xustiza de Vigo.

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informou esta mañá en rolda de prensa da publicación que hoxe se anuncia oficialmente facendo fincapé no “compromiso” do Goberno galego de “iniciar de forma inmediata as obras”. “Hoxe xa é unha realidade”, valorou de forma moi positiva. Tamén explicou que o DOG publica (http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170215/AnuncioG0244-080217-0002_gl.html)
outra licitación para a contratación dun servizo que se encargue da elaboración de diversos estudos e informes do complexo do antigo hospital. En total, son case 3,5 millóns de euros.

 

Coma se especifica, os traballos de demolición contan cun investimento superior aos 3,2 millóns de euros e un prazo de execución de 5 meses contados dende o día seguinte ao da data da acta de comprobación da implantación. O 2 de marzo remata o prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas interesadas.

 

 

 

 

O delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, valorou moi positivamente a nova e considerou que “cúmprese o compromiso de iniciar de forma inmediata as obras”

 

 

 

 

A partires de agora e coa idea de axilizar ao máximo o procedemento para que o futuro complexo xudicial sexa unha realidade o antes posible, procederase a solicitar ao Concello de Vigo a correspondente licenza para levar a cabo estas obras de demolición coa previsión de iniciar os traballos neste semestre.

 

“Levamos menos dunha semana da aprobación do orzamento e a Xunta xa inviste 3,2 millóns de euros na cidade”, considerou López-Chaves, quen lembrou que o proxecto do arquitecto gañador do concurso de ideas, Alfonso Penela, dividiuse en dúas fases, a fase de execución, con esta primeira parte de demolición e baleirado daquelas zonas do antigo edificio do hospital que serán retiradas, e unha segunda fase de obra de rehabilitación, que será entregada no terceiro trimestre deste ano para poder estar en obras antes de que remate o ano e cun prazo de execución de 24 meses. O obxectivo principal: que o novo edificio xudicial sexa unha realidade antes de rematar 2019, cun investimento global que roldará os 25 millóns de euros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.