Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 16 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

En Marea insta á Xunta a realizar un estudo do estado do antigo Hospital psiquiátrico de Rebullón

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, e a deputada Paula Quinteiro, acompañadas por concelleiros do grupo municipal GañaMos (Aurora Giraldez, Paco Troitiño e Roberto Domínguez) visitaron onte ditas instalacións.

[Img #30468]

 

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, e a deputada Paula Quinteiro, acompañadas das concelleiras e concelleiros de GañaMos realizaron unha visita ao edificio do antigo Hospital Psiquiátrico de Rebullón para coñecer a situación das súas instalacións. O grupo parlamentario ten rexistrado, a instancias do grupo municipal de GañaMos, unha proposición non de lei na que se solicitaba que a Xunta de Galicia fixera un estudio económico e técnico da situación do centro para poder dedicalo a satisfacer as necesidades sociosanitarias de toda a comarca.

 

Galicia conta con 1.700 persoas agardando por unha residencia nunha praza pública para maiores, así como amplas necesidades de centros de día nesta comarca e na totalidade de Galicia. En Marea entende que un centro como este, titularidade da Xunta de Galicia, non debería estar desaproveitado e deteriorándose como acontece na actualidade desde que o pasado ano foi baleirado para trasladar ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo as persoas que estaban ingresadas na unidade psiquiátrica do mesmo. As deputadas de En Marea puideron comprobar na súa visita que as instalacións están nunha situación aceptable con algunhas zonas bastante adecuadas para se poder usar con fins sociosanitarios polo que insta ao Goberno galego a facer este estudio para determinar que obras se terían que levar a cabo e a adecuación que sería precisa.

 

Cabe lembrar que por parte da xerencia co CHUVI no momento de peche deste centro asegurou que sería a sociedade a que decidise a finalidade deste centro polo que a Xunta de Galicia debería cumprir a súa palabra. Con esta finalidade, o grupo parlamentario de En Marea levará ao debate no Parlamento de Galicia esta iniciativa.

 

As Mareas municipais do sur de Pontevedra pola súa banda tratarán de levar adiante mocións en todos os concellos para que se aprobe por unanimidade en todos eles e entre todas e todos lograr que a Xunta de Galicia cumpra e dea continuidade a este edificio con fins sociosanitarios tan necesarios na comarca.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.