PROVINCIA
ECOEMBES organizan en Vigo un encontro para que os concellos fomenten iniciativas de reciclaxe
A subdirectora xeral de Residuos participou nunha xornada técnica dirixida aos concelleiros de Medio Ambiente e persoal técnico, aos que lles informou das novidades do actual convenio marco entre a Xunta e Ecoembes.
A subdirectora xeral de Residuos da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do territorio, Verónica Tellado, participou esta mañá nunha xornada técnica, á que tamén acudiu o delegado provincial en Vigo, Ignacio López-Chaves, para que os concellos galegos establezan actuacións e accións que incrementen as taxas municipais de reciclaxe. A Consellería e Ecombes (Ecoembalajes España) están levando a cabo unha rolda de encontros para explicar de primeira man as novas ferramentas coas que os concellos poden aumentar a calidade da recollida selectiva que se realiza a través dos contedores amarelos.
Tal e como se lles explicou na reunión aos concelleiros de Medio Ambiente e ao persoal técnico convocado, unha maior calidade da recollida pode supoñer de xeito inmediato un incremento importante das cantidades que os concellos reciben, ademais de contribuír á mellorar dos niveis de reciclaxe en Galicia.
Este encontro brindou a posibilidade de presentar aos concellos da área de Vigo e sur da provincia de Pontevedra as principais novidades do convenio marco entre a Xunta de Galicia e Ecoembes e cuxa vixencia se prolongará ata o vindeiro ano 2021.
Outra das melloras que se introduce neste novo convenio están relacionadas coa facturación das entidades locais e as ferramentas informáticas á súa disposición, coa finalidade de axilizar os pagamentos
Entre as principais melloras introducidas destaca o establecemento de pluses por boa xestión para aqueles concellos adheridos a Ecoembes que impulsen medidas a prol da reciclaxe e a recuperación de envases. É dicir, actualizanse de forma gradual as ratios de referencia para acceder aos compensacións por boa xestión, co fin de compensar a aqueles traballen a prol da reciclaxe e recuperación.
Esta previsión é posible grazas ao cálculo de ingresos estimados para os próximos 5 anos, que ascenderán a 102 millóns de euros. Tellado indicou que tendo en conta os datos económicos do convenio anterior –e mantendo as mesmas condicións para o actual período de vixencia- estimase que co novo convenio os ingresos incrementaríanse en máis de 400.000 euros/ano, é dicir, 2 millóns de euros máis respecto do anterior.
Outras das melloras que se introducen son que o cálculo da variación dos prezos de combustible mensualízanse e tamén se definen melloras técnicas e dos procedementos de recollida, coa finalidade de incentivar a participación dos usuarios e que redunden nun incremento da aportación e da recollida de envases; así como aspectos relacionados coa facturación das entidades locais e as ferramentas informáticas á súa disposición, coa finalidade de axilizar os pagamentos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149