O PORRIÑO
A nova sede da Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo atenderá a 60 pacientes
![[Img #30506]](upload/img/periodico/img_30506.jpg)
O concelleiro de Urbanismo, Industria e Comercio, Marcelino Coto, visitou este xoves a nova sede da Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (FRIAT), que ven de abrir as súas portas na Avenida de Galicia, no Porriño, no que é a súa cuarta delegación en Galicia-ata o dagora estaba presente en Ourense, Verín, O Barco de Valdeorras e Vigo-.
A Fundación, que ten un convenio de colaboración co Servizo Galego de Saúde (Sergas) para a atención de pacientes con enfermidades do ril, é unha entidade privada sen ánimo de lucro que leva 35 anos ofrecendo asistencia integral a persoas con insuficiencia renal.
Marcelino Coto foi recibido por Isabel Entero, presidenta do Padroado da Fundación, e o doutor Roberto Martín, director médico de FRIAT, e o persoal do novo centro que atenderá a doentes da Área Sanitaria de Vigo, en especial do Porriño e dos concellos máis achegados, facilitando que pacientes que tiñan que acudir a facer diálise 4 horas diarias, 3 días á semana a Vigo, a poidan facer dende agora nas dependencias da Fundación.
Segundo salientou o doutor Martín, evítase deste xeito que teñan que facer desprazamentos tan longos que, en moitos casos supoñen unha incomodidade e unha carga para a os enfermos que, dende agora están máis preto das súas casas, o cal mellora a súa calidade de vida e facilita o tratamento.
Na actualidade, o centro atende a 42 pacientes que completan no mesmo as sesión de diálise, os luns, martes e venres, en horario de mañá e tarde, e os martes, xoves e sábado, so de mañá, coa intención de que sexa tamén de tarde nas vindeiras semanas, podendo chegar a atender, en dua quendas convencionais, ata a 60 persoas.
Para Marcelino Coto contar con esta delegación de FRIAT no Porriño é “moi importante porque se ofrece un servizo aos cidadáns, no so ás veciñas e veciños da vila, senón a moitos outros que veñen de concellos coma Tui, Salceda, Mos, mesmo A Cañiza”.
O concelleiro reiterou a “total colaboración do Goberno local”coa Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo, e lembrou que o Concello completou os trámites para a súa apertura “nun tempo récord, de uns poucos meses”, do cal amosouse especialmente “satisfeito” e agradecido aos responsábeis da Fundación por recoñecer a inestimábel cooperación das autoridades municipais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149