Mos
A parroquia de Torroso celebra este ano o seu 400 aniversario
En 1617 fusiónase con San Nicolás de Cerdedelo e nace a parroquia tal e como hoxe a coñecemos
![[Img #30551]](upload/img/periodico/img_30551.jpg)
O etnógrafo e historiador mosense, Javier Baquero, recórdanos neste inicio de 2017 que a parroquia de Torroso celebra o seu 400 aniversario. Catro séculos de vida que Baquero querelembrar remontándose aos primeiros señores de Mos, Dona María de Sotomayor Osorio y Moscoso, que era natural de Soutomaior; e o seu marido e primo, Don Alonso de Quirós Sotomayor, natural de Plasencia.
Cando María e Alonso casan, a dote que lledá a esta o seu tío segundo, Don Diego de ‘Sotomayor’ foi: Mos, Covelo, Justanes, Tourón, Villarcháa e o que lle pertencía da casa de ‘Sotomayor’dende o ano 1505. Para o vínculo de todos estes lugares fundouse un Maiorazgo o 25 de xuño de 1543.
As terras da xurisdicción de Mos eran Santa Baia, Santo Tomé, Torroso San Mamede e Cerdedelo San Nicolás.
Facendo referencia a documentos consultados lembra que antes do ano 1617, a igrexa da parroquia de Torroso estaba situada na parte sur da actual parroquia (Adro Vello) e a Igrexa de San Nicolás de Cerdedelo na parte norte, onde está a Capela de San Xoán, que foi construída de novo coa súa porta cara ao norte, - posto que antes a tiña para o nacente-; e a outra, no lugar que hoxe se coñece como Adro Vello, á beira do Castro de Torroso.
O historiador lembranos tamén que D. Gabriel de Quirós ‘Sotomayor’, que herdou a parte dos seusirmáns, casou con Dona Violante de Sousa Meneses Silva. No ano 1617, fixo o mesmo que os seus país fixeron en Mos, uniu as igrexas de San Nicolás de Cerdedelo e a de San Mamede de Torroso, nunha de nova construción que estaba no mesmo lugar onde está a que hoxe coñecemos formando a parroquia de Torroso e deixando gravada una pedra conmemorativa, que se atopa no lateral Sur desta Igrexa, que foi construída entre os anos 1865/67 no mesmo sitio que estaba a anterior e di:
“ESTA IGLESIA SE HIZO AÑO DE 1617 EN QUE LA IGLESIA DE TUY FUE LIBRE DE JUDIOS Y TRAJO EL ESTATUTO DE ROMA EL DOCTOR PADILLA. OBISPO D. JUAN GARCIA DE VALDEMORA. LUIS PEREIRO I ABADQUE HIZO A SU COSTA. CON LICENCIA DE D. GABRIEL DE QUIROS SOTOMAYOR”
![[Img #30549]](upload/img/periodico/img_30549.jpg)
A igrexa de San Nicolás de Cerdedelo data de moito antes de 1617. Xa en 1601 menciónase con mais de cen anos de antigüidade. A Igrexa de San Nicolás aparece no testamento do ano 1595 de Gonzalo Branco de Castro, veciño e capitán da Vila do Porriño e Violante Pérez, a súamuller.
Os primeiros datos existentes da unión de San Nicolás de Cerdedelo e San Mamede de Torroso son os que a continuación se citan no Libro de Casados e Velados: “Dentro de la parroquial iglesia nuevade San Nicolás y San Mamed de Torroso... días del mes de mayo de 1619, yo Luis Pereiro abad de dicha iglesia, habiendo precedido las tres moniciones según lo dispuesto en el Santo Concilio de Trento y no habiendo impedimento alguno...casé y velé Pedro Loureiro vecino de Guizán...con Dominga Pérez...”
Javier Baquero destaca desta centenaria parroquia de Torroso a súa gran personalidade
A demarcación da actual parroquia de Torrosofoi realizada no ano 1673 pola unión de Torroso e Cerdedelo en 1617. O día 25 de agosto de 1857 foi aprobado o expediente de construción da actual igrexa. O importe do orzamento aprobado foi de 93.463 reais e o importe da prestación veciñal 25.000 reais.
As obras comezaron en maio de 1865, sendo arquitecto Don Domingo Lareo e mestre da obra e contratista, Don Ramón Jimeno. O 6 de maio de 1866 atopábasefeita a terceira parte da canteiría e acopiado das madeiras. O día 9 de outubro de 1867 déronse as últimas contas de gastos non presupostados, ascendendo a cantidade total da obra de canteiría a 1.700 reais.
E é así coma no ano 1617 nace a que actualmente coñecemos como parroquia de Torroso, pola unión de Torroso e Cerdedelo e a posterior construción da actual Igrexa de San Mamede, iniciada en 1865.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149