Lunes, 19 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 18 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Os socialistas suman apoios para sacar adiante as súas Mocións no Pleno

A mellora das infraestruturas dos centros educativos é aprobada por unanimidade.

[Img #30552]

 

Os socialistas fan unha valoración positiva do pleno de onte no concello de Salceda, mostrando a súa satisfacción “polo apoio nas dúas mocións que o grupo presentou”.

 

A primeira referente a instar a Xunta de Galicia á mellora das infraestruturas educativas en Salceda foi aprobada por unanimidade. A voceira socialista fai fincapé en que “A Xunta debe asumir as súas competencias, actuando de xeito inmediato naqueles centros cuxa situación impida o desenvolvemento das clases en garantía tanto de seguridade como de confort”. A situación de colapso do CEP Altamira é un destes exemplos, ano a ano os alumnos teñen que ir cedendo espazo, renunciando a aulas e sufrindo un deterioro continúo da súa educación, situación que vai indo a peor e que se notará coa implantación da liña 5 tamén en 2º no próximo curso,  polo tanto, “a ampliación do colexio Altamira non pode seguir demorándose máis”, engade Tourón.

 

Por outra banda, a segunda iniciativa que presentaron foi dirixida a que a Xunta de Galicia constitúa unha rede estable de Centros de Información á Muller e saíu adiante co apoio do grupo de goberno. A concelleira Gela ledo quere incidir na necesidade “non só de que se cree esta rede,  tamén de que a Xunta de Galicia dote economicamente estes centros para garantir as necesidades de persoal e mantemento das instalacións, non chega con crealas, é necesaria a súa continuidade no tempo”.

 

A expropiación do Parque Raíña Aragonta de novo a debate.

 

O punto máis conflitivo do pleno, surxiu cando a voceira socialista preguntou acerca do recurso interposto polo Alcalde á sentencia dunha parte dos afectados da expropiación do Parque Raíña Aragonta. A voceira socialista recalca que “é necesario poñerlle unha solución definitiva a este tema, os afectados deben cobrar e non seguir mantende este erro no tempo”, pero tamén quixo deixar claro que “non se vai ceder a ningún tipo de chantaxe neste tema, porque temos claro que o mal facer do antigo goberno do Partido Popular levou ós afectados a esta situación, pero é o actual goberno o que está mantende este erro no tempo, poñéndolle atrancos para evitar arranxar a situación”. Esperan “que a resposta do Alcalde de onte se cumpra, e que haxa un pleno no mes de marzo no que se leve a aprobación do crédito extraordinario para poder realizar o pago”, pero insisten en que “non vamos a ceder a chantaxes cos orzamentos, nin permitiremos que se nos culpe ó noso grupo do traballo que eles deixaron de facer. Queremos tempo suficiente para estudar a proposta e que se fagan as cousas ben para poder recibir o noso apoio nun entorno de consenso por todas partes”.

 

Para os socialistas “é triste que se volva a interpoñer un recurso e que o Alcalde non se reúna nin cos afectados. Na nosa opinión evidencia unha total falta de sensibilidade por parte do goberno local nun tema tan importante como este, que teñamos que preguntar no pleno para coñecer cal é a decisión actual, tanto nós como os afectados pola expropiación.”

 

Os socialistas pechan a valoración sobre o pleno de onte, informando da falta de vontade de consenso nas inversións do Plan Concellos da Deputación, deixando de atender ningunha das peticións da oposición e dos veciños, “é cuestión de prioridades, como xa dixemos o pasado ano, a accesibilidade ó centro de saúde actual ou partes do saneamento para nós é primordial, pero parece que o goberno de Salceda prefire seguir maquillando Salceda en lugar de atender as necesidades urxentes.”

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.