Lunes, 19 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 20 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Salceda presenta a primeira RPT do Concello

[Img #30553]

 

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda ten xa rematada a proposta de Relación de Postos de Traballo (RPT) que proximamente será presentada tanto aos representantes sindicais como aos restantes grupos políticos da corporación. O documento, que será o primeiro existente na historia do Concello de Salceda, permitirá a regularización dos diferentes postos existentes no Concello, así como a creación de novas prazas precisas para o correcto funcionamento da administración local. A RPT elimina as desigualdades existentes ata o de agora entre persoas que, desempeñando as mesmas funcións, tiñan condicións salariais moi diferentes, outorgadas a cada un deles durante os anos de Goberno do PP e herdadas polo Goberno actual. Grazas ó documento pasarán a unificar a súa situación, igualando os salarios entre persoal funcionario e laboral que desempeñe as mesmas funcións. Así mesmo, o documento servirá para recoñecer situacións especiais como a turnicidade, a xornada partida ou a penosidade.

 

A RPT é un documento técnico, obrigatorio por lei, que permite a ordenación do persoal dacordo coas necesidades dos servizos prestados dende o Concello, establecendo un organigrama ideal para o funcionamento do Concello.

 

Da prantilla actual, o 88% da mesma vería mellorada a súa situación salarial actual, mentres que o 12% restante manterían as súas condicións, máis favorables neste momento, non prevéndose a eliminación de ningunha das prazas ocupadas neste momento.

 

A RPT é a ferramenta que permite cubrir as prazas vacantes, a través dunha oferta de emprego público que se podería realizar unha vez entrase en vigor o documento. Servirá ademais para convocar prazas obrigatorias por lei, como son a dun tesoureiro habilitado nacional e a de un oficial de policía, e para recoñecer postos de encargado/a ou coordinador/a de diferentes áreas, inexistentes ata o de agora. Contémplase tamén a creación dun posto de Técnico/a de Administración Xeral para dar apoio a Secretaría e Intervención, mellorando os prazos na tramitación de expedientes fundamentais para o Concello. A RPT é ademáis unha ferramenta básica para mellorar a eficacia, a eficiencia e a productividade da plantilla municipal.

 

Así pois, estamos ante un documento fundamental para o Concello de Salceda que mellorará as condicións laborais e salariais, ofrecéndolles aos traballadores/as unhas garantías e unhas condicións das cales carecían ata o de agora.

 

Jose Luis González, Concelleiro de Facenda, explica que “A RPT vai supoñer un importante esforzo económico para as arcas municipais. A RPT é a única maneira de eliminar as desigualdades existentes ata o de agora e de garantir que todos e cada un dos empregados municipais teñan as condicións que lle corresponden segundo o seu traballo”.

 

Ademáis Marcos Besada, Alcalde de Salceda indicaba que  “seguimos a regularizar e ordenar esta casa, e a RPT é unha ferramenta fundamental para poder facelo. Tódolos traballadores/as son iguais para este Goberno, e non podemos permitir que sigan existindo este tipo de desigualdades sen ningún tipo de xustificación entre eles”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.