Martes, 27 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 18 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
Baiona

Nava Castro destaca que a nova oficina de turismo de Baiona dá resposta á intensa demanda turística

A nova oficina é posible grazas a un convenio de colaboración asinado entre Turismo de Galicia e o Concello de Baiona a través do cal a Xunta de Galicia achegou un total de 100.000 euros

[Img #30556]

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o alcalde de Baiona, Ángel Manuel Rodal, inauguraron o pasado día 17 a nova oficina de Turismo do concello.

 

Durante o acto, Nava Castro explicou que este novo centro de información turístico, emprazado no parque de Palma e que conta cunha superficie de máis de 100 m2, dá resposta á intensa demanda turística rexistrada nos últimos anos no concello de Baiona.

 

Neste senso, a responsable de Turismo da Xunta fixo referencia ás últimas cifras publicadas polo Instituto Nacional de Estatística correspondentes ao pasado ano 2016. Segundo estas, o destino Rías Baixas superou a súa cifra de viaxeiros aloxados nun 11,4%, rexistrando 1,28 millóns de viaxeiros, e nun 11,8% o nivel de pernoitas, con máis de 3 millóns neste caso. “Este comportamento positivo da demanda permitiu que os establecementos hostaleiros das Rías Baixas mellorasen o pasado ano as cifras de ocupación do 2015, en 3,7 puntos porcentuais”, sinalou.

 

A directora de Turismo de Galicia manifestou que grazas a esta nova oficina os turistas que se acheguen a Baiona dispoñerán dun centro de referencia con atención de calidade onde atopar toda a información turística que necesiten.

 

“Esta mellora na atención ao turista contribuirá a continuar nesta senda de crecemento que vén experimentando Baiona nos últimos tempos”, concluíu Nava Castro.

 

Convenio de colaboración

A nova oficina é posible grazas a un convenio de colaboración asinado entre Turismo de Galicia e o concello de Baiona a través do cal a Xunta de Galicia achegou un total de 100.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.