Martes, 27 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 22 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
Baiona

A mostra "Mulleres galegas na historia" xa pode visitarse en Baiona

Estará no CEIP de Belesar ata o vindeiro 2 de marzo e poderá ser visitada pola poboación en xeral en horario de tarde

[Img #30564]

 

A mostra "Mulleres galegas na historia", que pon en valor a vida e a traxectoria profesional das mulleres galegas máis representativas, poderá visitarse no CEIP de Belesar, no concello de Baiona,  ata o vindeiro 2 de marzo. A exposición foi inaugurada  no propio centro, nun acto encabezado polo deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, e o alcalde da localidade, Ángel M. Rodal Almuíña. Tamén estiveron presentes a concelleira de Educación, Beatriz González Pérez, a concelleira de Igualdade, M.ª Carmen Paredes Cabral, equipo docente e alumnado do centro educativo.

 

O alumnado tamén tivo un papel protagonista neste acto público; varias alumnas de quinto e sexto de primaria fixeron unha lectura teatralizada a partir de textos de autoras presentes na propia exposición, coma Maruja Mallo, María Casares e Rosalía de Castro. "Mulleres galegas na historia" complementa as actividades que o CEIP de Belesar está a desenvolver ao longo do ano para visibilizar a muller en diversos ámbitos. Neste sentido, Xosé Leal resaltou "a importancia do papel da muller na cultura dentro dos valores de igualdade que fomenta o centro nas súas actividades durante o 2007".

 

A exposición está composta por varios paneis que ofrecen, dun xeito sinxelo e comprensible, información sobre figuras femininas de diferentes épocas históricas e que foron referentes en diferentes ámbitos e disciplinas. Os paneis conteñen fotografías e información básica sobre os datos biográficos e o campo no que sobresaen, ao tempo que fai un percorrido dos fitos máis importantes das súas traxectorias vitais e profesionais e, nalgúns casos, inclúe citas e declaracións da muller homenaxeada.

 

Aínda que as mulleres que se describen nos paneis adoitan ser amplamente coñecidas, a información dos paneis permite afondar no papel que desempeñaron cada unha no contexto e momento histórico no que lle tocou vivir.

 

A mostra inclúe figuras coma a da soldadeira do medievo María Balteira, a heroína coruñesa María Pita, o papel de María Castaña nas revoltas contra os señores feudais, María Soliña torturada e condenada por bruxería na época da Inquisición, o labor a prol da reforma do sistema penitenciario levado a cabo por Concepción Arenal, a obra das escritoras Emilia Pardo Bazán e Xela Arias, a bailarina da Belle Époque coñecida como La Bella Otero, a mestra Ernestina Otero, a pintora surrealista Maruja Mallo, a mestra e guerrilleira antifranquista Enriqueta Otero, a pintora de natureza María Antonia Dans ou a actriz de teatro María Casares.

 

"Mulleres galegas na historia" poderá visitarse tanto polo alumnado, no horario escolar do centro, coma pola poboación en xeral, en horario de tarde.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.