Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 20 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

O Concello de Mos terá que investir 150.000 euros na reforma integral do Pavillón Pena de Francia

A alcaldesa busca financiación mediante colaboracións doutras administracións

[Img #30565]

 

O ben municipal que resultou más danado polo pasado temporal foi o Pavillón Pena de Francia, no que se derrubaron dúas paredes por completo existindo risco de derrubamento total de todo o Pavillón. Foron os danos máis graves rexistrados en edificacións públicas, pois era unha infraestrutura deportiva de bastante antigüidade.

 

Ademais de derrubarse por completo dúas paredes, tamén se produciu a rotura de parte da cubrición dos vestiarios producindo a entrada de auga nos mesmos. Esta cuberta actualmente era dun material translúcido.

 

Estes danos están valorados en preto de 11.500 euros, que cubrirá o seguro, se ben o pavillón require dunha reforma integral debido á súa antigüidade e ás consecuencias na estrutura derivadas destes danos. Dita reforma integral requerirá dunha inversión económica duns 150.000 euros, pois se fará a reposición completa das paredes, da cuberta e do solo do edificio, así coma a acometida dun sistema de drenaxe do que actualmente carece.

 

Esta instalación deportiva fora construída fai máis de 20 anos sobre unha antiga pista de terra. O chan do terreo de xogo instalouse sen placa e sen acometida de drenaxe de augas, o que motivaba que o solo se atopase constantemente mollado. Así mesmo o tellado do pavillón xa sufría pequenas filtracións de auga que agora tras o temporal, loxicamente, incrementáronse. É por elo que a reforma integral do mesmo faise dunha necesidade imperiosa.

 

Para esta reforma integral a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, atópase facendo xestións en administracións supramunicipais tales coma a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia; de xeito que o Concello de Mos consiga financiación para este gran proxecto que lle sería inviable asumir en solitario.

 

Como xa se dixo, as obras a executar no pavillón consisten fundamentalmente na reposición total das paredes, cuberta e o solo. Sen embargo, máis detalladamente os traballos a realizar son limpeza e retirada de todos os entullos, limpeza da primeira fiada de bloque, que se atopa delimitando perimetralmente as dúas fachadas, escavación das dúas fachadas para a realización da cementación das paredes, formigonado e armado da cementación para enlazar as paredes, realizar unha repartición da lonxitude total da fachada en 4 vanos; realización dun novo cerramento, no que, de empregar o mesmo material, deberase proceder a colocación de barras de ferro cada catro fiadas para darlle rixidez aos paramentos, retirada e nova colocación da carpintería metálica exterior (fiestras) que nestes momento non pechan e non impediron a entrada do vento ao interior do pavillón, colocación de carpintería metálica na fachada principal, (existía unha porta metálica de dúas follas e con mainel fixo polo que accedía o público sendo o acceso dos xogadores  polos vestiarios), disposición da instalación eléctrica nas paredes, (previo ao temporal nas paredes existían focos de iluminación e sinalización de emerxencia) e repaso da cuberta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.