Provincia
A Xunta reabrirá ao tráfico mañá o treito do corredor do Morrazo pechado
A Xunta reabrirá ao tráfico o Corredor do Morrazo o vindeiro venres, día 24 de febreiro, poñendo fin ao período de peche no treito entre Rande e o enlace de Meira, que foi necesario para preservar a seguridade de traballadores e usuarios durante as voaduras necesarias para as obras de desdobramento.
aestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, informou onte por carta aos alcaldes de Cangas, Xosé Manuel Pazos, de Moaña, Leticia Santos, e de Bueu, Félix Juncal, da data exacta de restablecemento da circulación.
O corte do Corredor do Morrazo estivo motivado polo comportamento inestable e imprevisible do terreo dos noiros durante os traballos de voaduras. Despois de analizar diferentes alternativas, os técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas concluíron que só o peche ao tráfico podía garantir o progreso das obras en plenas condicións de seguridade para os condutores e os operarios.
Por ese motivo, o Corredor do Morrazo permaneceu pechado ao tráfico desde o 2 de novembro ata o 21 de decembro, data na que se reabriu con motivo da operación especial activada pola Dirección Xeral de Tráfico con motivo do Nadal. Posteriormente, o 9 de xaneiro volveu a pecharse ao tráfico o mesmo treito.
Durante o tempo de corte, a Xunta reforzou a información aos cidadáns e a sinalización para ofrecerlle indicacións concretas e precisas aos usuarios sobre as alternativas de comunicación e os desvíos que poden tomar.
Así mesmo, por solicitude dos alcaldes, incrementáronse os servizos de transporte metropolitano, con novas frecuencias do barco entre Vigo e Moaña en diferentes franxas horarias, e reforzouse o servizo de ambulancias.
A Autovía do Morrazo é a maior infraestrutura viaria que está a executar actualmente a Xunta de Galicia, e supón un investimento de máis de 50 millóns de euros. Neste momento estanse a desenvolver as obras do treito I e do treito II, mentres as do treito III están en proceso de contratación, co obxectivo de que comecen o vindeiro verán.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184