Provincia
Liberan unha muller tras unha colisión nun túnel da AP-9
Unha colisión entre dous vehículos rexistrada hoxe na AP-9, ao seu paso polo concello de Vigo, deixa unha muller ferida. A vítima tivo que ser excarcerada do interior do seu coche.
O sinistro tivo lugar nun túnel da autoestrada, á altura do quilómetro 152, en sentido A Coruña. Unha persoa particular daba a voz de alarma ao 112 Galicia ás 13:30 horas de hoxe. Acto seguido, os efectivos do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informaron a Urxencias Médicas e ao Bombeiros de Vigo, que se desprazaron ao punto cun equipo de excarceración. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.
Arde unha casa en Vigo
Doutra parte un incendio calcinou por completo unha casa en Vigo, situada na Rúa A Salgueira. Na vivenda adoitaban pernoctar indixentes.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 14:20 horas de hoxe para dar conta do lume. Segundo indicou, estaban saíndo lapas polas fiestras. O persoal da central de emerxencias alertou decontado aos Bombeiros de Vigo, a Protección Civil e á Policía Local. Tamén se informar aos efectivos de Urxencias Médicas, aínda que finalmente ningunha persoa precisou asistencia sanitaria.
Polo de agora descoñécense as causas que provocaron o incendio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149