Día Domingo, 25 de Enero de 2026
ACTUALIDAD
Vigo participa nun consorcio que busca facilitarlle ao alumnado o salto do ensino secundario ao superior
A Universidade de Vigo leva máis dunha década apostando polo uso dos medios audiovisuais na educación e froito desta forte aposta en 2015 participou na posta en marcha do primeiro repositorio europeo de materiais educativos audiovisuais. Hoxe, apenas dous anos despois, dá un paso máis e convértese na única universidade de fala hispana en participar no proxecto Up to University, Up2U (Bridging the gap between schools and universitys trough informal education), financiado no marco do programa H2020 da Unión Europea con cinco millóns de euros e cuxos socios, un total de 18 entidades de 12 países, traballarán ao longo dos vindeiros tres anos na creación dun ecosistema de docencia virtual audiovisual, que servirá de apoio na educación presencial, dirixido a facilitarlle ao alumnado de secundaria o salto ao ensino universitario.
“Vigo ten fala hoxe neste proxecto internacional porque antes fixo certos deberes e incorporouse a estas tecnoloxías con interese, dedicación, esforzo e poñendo moitas veces os medios por parte da propia institución porque entendiamos que era por onde ía ir a educación no futuro e tíñanos que coller traballando, como así foi”, explica o ex-reitor Domingo Docampo, comisionado para o Campus Dixital do Mar, moi satisfeito porque o outro socio español no consorcio é a empresa viguesa Teltek, a quen a Universidade confiou a prestación do chamado Campus Multimedia da Universidade de Vigo, ligado tanto ás actividades da propia institución (UVigo-TV) como á expansión que supuxo o Campus de Excelencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149