CONCENTRACIÓN CONVOCADA AO ABEIRO DO CRIME EN CHAPELA
Carmela Silva califica o ano 2017 como “unha masacre de mulleres”
A Presidenta da Deputación de Pontevedra lembrou os nomes das 15 mulleres que foron asasinadas pola lacra da violencia machista en menos de dous meses
![[Img #30614]](upload/img/periodico/img_30614.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, volveu esixir “sen máis dilacións” un pacto de Estado contra a lacra da violencia machista na concentración convocada pola Corporación provincial conxuntamente coa do Concello de Pontevedra e que se celebrou esta mañá na escalinata do Pazo provincial a raíz do crime violento ocorrido onte en Chapela, en Redondela. “Que máis ten que pasar para que haxa un pacto de Estado xa? Que máis ten que acontecer para que isto sexa a grande prioridade do noso país?”, declarou a Presidenta da Deputación de Pontevedra.
En canto ao crime de Chapela, Carmela Silva sinalou que “onte aconteceu algo terrible e que, aínda que está a ser investigado, todo apunta a que se trata dun novo asasinato da violencia machista por mor dos indicios” atopados na escena do crime. A Presidenta provincial asegurou que “xa é difícil ter palabras para cualificar o que sentimos fronte ao que está a acontecer”.
En menos de dous meses de 2017, 14 mulleres (11 recoñecidas polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade) e unha nena foron asasinadas pola lacra da violencia machista, dúas delas en Galicia. “Levamos dous meses de ano que soamente poden ter un cualificativo: masacre de mulleres”. Carmela Silva leu os nomes de todas estas mulleres asasinadas no que vai de ano: Matilde Teresa, Estefanía, Toñi, Blanca Esther, María Ángeles, Virginia, Laura, J.D.L.M., Aramís, Cristina, Carmen, Ana Belén, Ana e María José (non se coñece a identidade dunha das vítimas).
Carmela Silva asegurou que “isto afecta a todas as mulleres de todas as idades, condicións sociais, formacións ou núcleos de poboación” e asegurou que “é gravísimo que despois de tantos anos de democracia e dunha sociedade que avanzou moito e na que hai formación, siga habendo moitas mulleres novas asasinadas polas súas parellas, tamén mozos”. Sobre isto, a Presidenta provincial asegurou que “o que falla é a educación en igualdade, que hai que conseguir dende o berce e que non se tivo en conta. Mesmo cando existiu unha materia chamada Educación para a cidadanía, que a tiña entre os seus contidos, foi rexeitada polo Partido Popular porque non lles parecía importante”. Carmela Silva asegurou que “nin hai recursos económicos para atender ás mulleres vítimas de violencia machista, nin garantía para que poidan ter unha vivenda, nin recursos xudiciais suficientes” e acusou “aos responsables políticos, sobre todo aos das Comunidades Autónomas e aos do Goberno central, que son os que teñen a capacidade de que o pacto de Estado que vimos reclamando dende hai tempo se converta nunha realidade” por “non se poñer en primeira fila denunciando cada vez que acontece un asasinato machista e tendo unha actitude rotundamente dura contra estas masacres de mulleres”. Isto, salientou Carmela Silva, “indígname”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184