Provincia
Os psicólogos do GIPCE atenderon durante a noite aos familiares das vítimas da explosión de Redondela
Unha parella, un home e unha muller, faleceron onte en Redondela a causa dunha explosión producida na casa onde residían. Os expertos investigan o motivo que causou dita explosión e posterior incendio. O inmoble onde ocorreron os feitos -de tres andares e habitados por tres familias- está situado no Camiño do Pousadoiro, en Chapela, no termo municipal de Redondela.
A Xunta puxo a disposición dos familiares das vítimas ós profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes (GIPCE) co que colabora habitualmente o CAE 112 Galicia. Os psicólogos acompañaron ás familias das vítimas ata ben entrada a madrugada e permanecen en alerta por se fosen, novamente, requiridos os seus servizos.
A nai e a irmá da muller falecida tamén tiveron que recibir asistencia sanitaria, segundo confirmaron dende Urxencias Médicas que desprazou varias ambulancias ata o lugar. Foron varios particulares que, ao fío das 20:15 horas, chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda. Todos indicaban que escoitaran varios estoupidos e que a casa comezara a arder. Ademais, aseguraban que se escoitaban berros de xente no interior do inmoble.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia, tras recibir a primeira chamada de alerta, activou un operativo, que congregou en Chapela ademais dos medios sanitarios, aos Bombeiros de Vigo e de Baixo Miño, axentes da Policía Nacional e Local e ao persoal do Concello e de Protección Civil de Redondela. Membros da Cruz Vermella e da empresa subministradora do gas tamén ofreceron os seus servizos a través do CAE 112 Galicia.
Pasados uns minutos das 00:30 horas desta madrugada os Bombeiros daban por finalizadas as tarefas de extinción. Ardeu a vivenda na súa totalidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.156