Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 22 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP aposta pola humanización da rúa Rosalía de Castro

O grupo popular considera necesario o investimento na zona para mellorar os accesos ao CEP Altamira e as aulas do CRA Raíña Aragonta e así evitar colapsos.

[Img #30623]

 

O PP de Salceda presentou ante o goberno municipal unha serie de propostas de acordo ás proposicións, opinións e necesidades dos veciños, ao amparo do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. Do máximo de 399.918,75€ que lle corresponden a Salceda para inversións, o PP suxire ao Concello que “aplique contra esta partida o proxecto de humanización  da rúa Rosalía de Castro contemplando melloras de acceso ó CEP Altamira e as aulas do CRA”.

 

“A rúa Rosalía de Castro precisa melloras urxentes dado que é unha vía do centro neurálxico do Concello e a diario con moita afluencia de xente, que accede ó CEP Altamira e aulas do CRA”. O PP incide na humanización desta vía posto que “a rúa é ancha e sen embargo as beirarrúas son moi estreitas polo que é moi dificultoso o acceso das familias ao colexio”. O PP suxire ao goberno municipal a necesidade de eliminar barreiras do casco urbano sobre todo para a xente que fai o percorrido a pé.

 

Ademais, o grupo popular engade que “é preciso buscar alternativas para acceder ás aulas do CRA Raíña Aragonta, sobre todo porque en días de moita choiva o acceso é prácticamente inviable”. Alertan asimesmo os populares do perigo de transitar polas inmediacións coas malas condicións climatolóxicas ó estar preto de árbores, que nalgúns casos, son “endebles”.

 

Finalmente, o Partido Popular insiste na necesidade de mellorar o acceso ás aulas do CRA para garantir o paso de equipos de emerxencioas en caso de precisalos. Asimesmo, informan da “necesidade de dotar a vía de puntos de luz, totalmente inexistentes ata agora, o que dificulta aínda mais o tránsito polo camiño”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.