MOS
Primeira reunión do Comité de Seguridade e Saúde do Concello de Mos
En marzo celebrarase a próxima, na que quedará oficialmente constituído co nomeamento dos/as Presidente/a e Secretario/a.
![[Img #30634]](upload/img/periodico/img_30634.jpg)
Esta mañá reuniuse por primeira vez o Comité de Seguridade e Saúde do Concello de Mos. Na xuntanza estiveron presentes, ademais de membros do Comité de Empresa e da técnico de Persoal, a alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Persoal e Réxime Interno, Sara Cebreiro.
Neste primeiro encontro fíxoselles entrega aos membros do Comité da documentación na que se especifica as súas funcións e os obxectivos a cumplir.
A principal novidade é que, tras ser analizado exhaustivamente, chegouse á conclusión de que crear un modelo de traballo formado por grupos de catro ou cinco persoas que conten cun responsable de equipo é o máis idóneo, xa que mellorará os resultados en materia de seguridade e prevención de riscos laborais. Deste xeito, xeraranse unha serie de mandos intermedios en aras de optimizar o protocolo de seguridade e saúde municipal.
A idea, segundo explican as representes municipais, é “crear un modelo de prevención participativo, que se retroalimente e no que todos/as os/as traballadores/as se comuniquen entre sí”.
O seguinte paso a dar neste senso é celebrar unha nova reunión, que terá lugar o vindeiro mes de marzo, na que a maiores estarán presentes todos os concelleiros e concelleiras do equipo de goberno local, e os representantes dos sindicatos tamén poderán convocar a quen estimen necesario para dinamizar aposta en marcha do Comité de Seguridade e Saúde do Concello de Mos.
Nesta vindeira reunión constituirase xa oficialmente o Comité, co conseguinte nomeamento dos/as seus presidente/a e secretario/a.
Outro dato a destacar deste Comité de Seguridade e Saúde é que establece que non só se lle impartirá ao persoal municipal a formación xeral en materia de prevención de riscos laborais que esixe a lei, senón que se lle dará formación específica sobre as áreas concretas nas que se detecten maiores índices ou riscos de accidentalidade, sobre todo no relativo ao uso e manipulación de determinados materiais.
Antecedentes
O equipo técnico do departamento municipal de Persoal leva meses traballando coa axuda dunha empresa externa especializada na materia, na optimización do sistema de prevención de riscos laborais do Concello de Mos.
Dita mellora queda reflectida neste Comité de Seguridade e Saúde que pretende implicar aos traballadores municipais para que aporten ideas e suxerencias; por ser os que mellor coñecen os seus respectivos postos de traballo.
Fíxose unha ronda de por todos e cada un dos departamentos municipais para identificar posibles situacións de risco descoñecidas ou infravaloradas ata o momento e implantar medidas correctoras para o seu control, adiantándose ós posibles perigos sen esperar á aparición dos mesmos e ás consecuencias lesivas que poderían supoñer para os traballadores expostos.
Deste xeito aprovéitase a experiencia previa dos traballadores municipais nos seus respectivos postos para mellorar a prevención do Concello.
Unha vez rematadas as visitas de prospección, estableceuse o novo modelo municipal de prevención de riscos laboráis fundamentado na creación dun Comité.
O modelo proposto será sinxelo, de xeito que a súa utilización sexa fácil. Ademais será concreto, facilitando a xestión dos datos que no mesmo se conteñan, que á súa vez serán os necesarios e imprescindibles para cumplir coa finalidade para a que foron deseñados, que non é outra que identificar as causas dos posibles accidentes e facilitar a mellora da planificación e xestión da prevención.
En caso de accidente, este modelo contemplará e estructurará todos aqueles campos de datos necesarios para a correcta xestión do accidente: identificación do accidentado, do lugar onde se producciu o accidente, o axente material causante e, no seu caso, parte do axente, etc.
Este modelo tamén permite e facilita profundizar a análise causal, obxectivo prioritario e principal de toda investigación de accidentes.
Un dato de gran interese e relevancia sobre este modelo é que, dado que contará con aportacións dos propios traballadores municipais, os responsables dos mesmos implicados no circuito documental previo, deberán asinar a conformidade co contido final do proxecto. No propio documento constará tal circuito a fin de garantir a actuación de persoas e/ou departamentos afectados.
Por último, destacar que se tratará dun modelo que incorporará propostas e medidas correctoras e, no seu caso, quen as realizará e os prazos previstos de execución. E así mesmo, como non podía ser doutro xeito, unha comisión de seguemento (o propio Comité de Seguridade e Saúde) que se encargará do control da calidade e idoneidade das medidas aplicadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149