Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 27 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

XIV Mostra de Cultivos do Baixo Miño

[Img #30680]

 

Os produtores de planta ornamental, flor cortada, fruticultura e empresas auxiliares do campo, aproveitarán, coma cada ano, para presentar as últimas novidades.


Hai xa 14 anos, viveiristas de Tomiño comezaron, xunto ao Concello, a organizar unha feira de cultivos, onde fora posible reunirse e presentar o resultado do seu traballo, as novidades do sector, as innovacións...O lugar escollido foi o pavillón polideportivo de Goián


Despois de moito esforzo loxístico, material e persoal, a Mostra de Cultivos do Baixo Miño, converteuse nun evento de referencia en Galicia e Norte de Portugal. A décimo terceira edición pechou as súas portas coa visita de máis de 3000 persoas e un incremento do volume de negocio e contactos comerciais superior ao 40%, con respecto ao ano anterior.


Este ano o comité organizador decidiu adiantar a celebración da 14ª edición ao sábado 4 e domingo 5 de marzo (habitualmente celebrábase en abril) co fin de facilitar a asistencia de público profesional nunhas datas que non son de plena campaña para o sector verde.


Os produtores de planta ornamental, flor cortada, fruticultura e empresas auxiliares do campo, aproveitarán, coma cada ano, para presentar as últimas novidades na produción e distribución dos seus produtos e maquinaria especializada.


A participación de varios viveiros portugueses e doutros puntos de Galicia, é outra das novidades das últimas edicións.


Coincidindo co Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento, o eixo central da Mostra 2017 será a sostenibilidade, entendida coma a convivencia harmónica de economía, sociedade e medio ambiente.
A comarca do Baixo Miño é un paraíso natural onde o sector dos cultivos ten un peso económico importante. O obxectivo dos viveiros é seguir criterios sostibles nas súas producións con boas prácticas agrícolas e unha conexión co seu entorno máis próximo, participando en proxectos educativos para a infancia e a mocidade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.