MOS
O Concello de Mos persoarase no procedemento xudicial fronte ao imputado pola morte de Marina Rodríguez Barciela
Estase a buscar a fórmula legal para facelo dende a administración local.
![[Img #30686]](upload/img/periodico/img_30686.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anuncia a intención de persoarse dende o Concello de Mos no procedemento xudicial fronte ao imputado pola morte de Marina Rodríguez Barciela, o seu marido, Florencio Alonso Calvar. Ao tratarse dunha administración local, os servizos xurídicos municipais están a estudiar a fórmula idónea para facelo.
Esta noticia chega tras a celebración dun minuto de silencio en memoria de Marina, que tivo lugar hoxe ás 12.00 horas na Praza do Concello.
O acto fíxose na memoria da veciña de A Rans, parroquia de Tameiga, falecida o 29 de decembro de 2015 con 69 anos de idade. Quíxose pedir xustiza para Marina, ademais de condear, unha vez máis, a violencia de xénero e os actos violentos en xeral.
Estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, -que fixo lectura dun manifesto-, Sara Cebreiro, concelleira de Política Social, demais membros da Corporación Municipal e veciños/as e traballadores/as do Concello de Mos.
No seu manifesto a rexedora local mosense pediu “que o principal sospeitoso do seu asasinato, o seu marido, regrese ó cárcere canto antes e permaneza encarcerado ata que se celebre o xuízo, como debe ser o proceder habitual”. E tamén declarou que “hoxe Mos lembra á súa veciña Marina Rodríguez Barciela. Recordámola disgustados e preocupados por unha violencia que non cesa e porque o acusado da súa morte atópase na rúa”. Arévalo lembrou tamén á redondelana María José Mateo García, falecida o pasado luns, e expresou a solidariedade de tódolos presentes cos seus familiares e amigos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149