Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 24 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Chega a Mos a fibra óptica

Onte asinouse o contrato para dar servizo ás dependencias municipais que levará a instalación ata as zonas de Reguengo, Porteliña e As Pozas.

[Img #30691]

 

O tenente alcalde e concelleiro de Facenda e Contratación, Alberto Méndez, e Antonio Fernández Armas, director de empresas de R asinaron onte o contrato do servizo de acceso a internet das dependencias municipais, que lle foi adxudicado ao operador galego e grazas ao que a fibra óptica chegará a Petelos na zona da Casa Consistorial (Reguengo), á Porteliña onde se atopa a Biblioteca e ás Pozas no contorno do Multiusos.


A contratación do servizo, que ata o de agora prestaba Vodafone, é de catro anos de duración. Unha vez asinado o contrato, os traballos para a acometida da instalación da fibra óptica comezarán de inmediato.


As características técnicas deste servizo son as seguintes: para a Casa do Concello unha velocidade de baixada de 200 Mbps e de subida de 20 Mbps, e para o edificio no que se atopan as dependencias municipais de Urbanismo e Servizos Sociais, a Biblioteca Municipal e a Axencia de Colocación, unha velocidade de baixada de 100 Mbps e de 10 Mbps de subida.


O planning de traballo da empresa concesionaria comezará de xeito inminente co replanteo e xeración de deseños para acometer a instalación que se estima poida ser iniciada de cara a mediados do ano comezando pola planificación e execución da obra civil e o tendido de fibra, traballos que se prolongarán durante tres meses; tras os cales chegará a parte final do proxecto, consistente na instalación e proba de equipos nas dependencias municipais anteriormente enumeradas. No 2017 quedarán dotadas de fibra óptica ditas dependencias.


Beneficiarios indirectos desta instalación serán todos os habitantes do Concello de Mos, pois coa velocidade da fibra óptica axilizaranse os trámites telemáticos a realizar dende os diferentes departamentos municipais, reducíndose os tempos de espera por parte dos usuarios. Isto é, preténdese crear unha administración local máis áxil e eficaz na que se poida ir implantando progresivamente a administración electrónica, xa que un dos principais hándicaps para a implantación da mesma era a limitada e lenta conexión a internet existente na localidade mosense.


A intención do goberno local é que se vaian estendendo as zonas con instalación de fibra óptica por todo o termo municipal, polas 10 parroquias mosenses.


Deste xeito o goberno de Mos pon a primeira pedra para acadar unha das súas principais promesas electorais consistente en xeneralizar a e-administración real e na posta en marcha dun plan de implantación de internet de alta velocidade mediante fibra óptica dividido en varias fases no seguinte orde: locais municipais, centros educativos, zonas empresariais, zonas urbanas e zonas rurais.


Os representantes muncipais, a alcaldesa Nidia Arévalo e o concelleiro Méndez, declararon hoxe que de cara ao final de lexislatura esperan ter este plan, se non totalmente realizado, sí moi avanzado. “Deste xeito continuamos a demostrar que este equipo de goberno local cumpre o que promete”, dixeron.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.