Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 01 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos, Concello pioneiro no fomento e defensa do Camiño de Santiago

Hoxe constituíuse a Mesa do Camiño, única en toda Galicia.

[Img #30817]

Onte constituiuse a Mesa do Camiño do Concello de Mos no que supón, segundo constatou o xerente do Xacobeo, unha iniciativa pioneira en Galicia ó non existir ningún outro municipio galego dotado dun ente de características similares.


A Mesa está composta por representantes da administración local e os principais axentes socioeconómicos representativos e implicados e interesados na materia. En concreto forman parte da Mesa do Camiño do Concello de Mos a alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, o xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, o Director/a Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, un representante do Ministerio de Fomento, o xefe da Policía Local do Concello de Mos, representación dos empresarios do sector, un representante das asociacións existentes no municipio no ámbito do Camiño, un representante da Asociación Amigos do Camiño, un técnico municipal e técnico especialista arqueólogo, e representación doutras asociacións afectadas.


Nesta sesión constitutiva da Mesa a orde do día constou de catro puntos consistentes no acordo de constitución da Mesa, a aprobación da memoria xustificativa da creación da Mesa do Camiño, incluíndo as normas de funcionamento; comunicación das accións previstas para a eliminación de “puntos negros” ao longo do trazado do Camiño ó seu paso por Mos e rogos e preguntas.

 

Durante esta primeira convocatoria da Mesa do Camiño a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, destacou “a importancia desta iniciativa novidosa e pioneira en aras de fomentar a afluencia de peregrinos no Camiño de Santiago Portugués, para elo comezaremos por dous proxectos, un de sinalización e outro cultural organizando diversas actividades nas principais localizacións do Camiño en Mos: Amieirolongo, Santiaguiño, Louredo, Mos, Veigadaña...”. “Así como mellorar a seguridade vial nos puntos nos que é necesario”. Declarou Arévalo.

 

Pola súa banda Rafael Sánchez, xerente do Xacobeo, agradeceu “a gran idea que tivo o Concello de Mos de constituír esta Mesa”. Sánchez fixo referencia a que recentemente constituiuse como oficial o Camiño Portugués da Costa e por elo é necesario fomentar o tramo interior mediante a optimización dos servizos. Tamén destacou a importancia da delimitación definitiva oficial do Camiño Portugués Interior, que depende de Patrimonio e que sairá xa a información pública en breve. Anunciou así mesmo que de cara ao vindeiro exercizo 2018 está prevista unha importante mellora do Camiño Portugués, tanto do da Costa coma do Interior. Inminentemente informou de que se van a realizar traballos de mantemento mediante desbroce e limpeza do Camiño, destacando que o ano pasado no tramo de Mos leváronse a cabo un total de tres campañas de mantemento e limpeza. Actualmente sacouse unha nova licitación para incluír ademais de desbroce e limpeza, reparacións, e así prestar un servizo de mantemento integral que se espera entre en funcionamento de cara á vindeira primavera.

 

Por último, o xerente do Xacobeo abordou os problemas de seguridade vial do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos, na zona de Amieirolongo concretamente. Respecto do cruce que teñen que facer os peregrinos da vía do tren, anunciou que xa está autorizada por Patrimonio a solución mediante a modificación do trazado do Camiño para que non haxa que cruzar nese punto, e nos próximos días procederase a realizar dita intervención. E no caso da pasarela peonil para atravesar a Estrada Nacional 550 en Amieirolongo, Rafael Sánchez Bargiela informou de que o Ministerio de Fomento xa ten redactado o proxecto.

 

A Mesa do Camiño constituiuse baixo o paraugas da marca ‘Mos, a Rosa do Camiño’. Quérese potenciar esta marca por ser a rosa o símbolo municipal representado na bandeira e o escudo locais, ademais do principal emblema cultural da localidade, coa Festa da Rosa á cabeza; celebración que foi declarada de Interese Turístico de Galicia fai dous anos.


A este respecto Arévalo, rexedora municipal, declarou que “no Concello de Mos nunca esquecemos que somos un municipio do Camiño e, sabedores de que ser paso do Camiño de Santiago é o noso principal activo cultural e turístico, poñemos o máximo empeño en coidar, mellorar e implementar dito activo, por iso constituímos esta Mesa de traballo que terá periodicidade trimestral, no caso das sesións ordinarias, existindo a posibilidade de convocala extraordinariamente de ser necesario”.


Os encontros da Mesa iranse rotando mensualmente polos diferentes puntos do Camiño ao seu paso polo municipio.


Esta iniciativa únese a outras promovidas polo Concello de Mos no que representa un proxecto integral de mellora do Camiño de Santiago.


Realización a pé do tramo do Camiño en Mos
Na sesión constitutiva da Mesa celebrada onte, todos os seus membros decidiron por unanimidade realizar xuntos a pé o vindeiro 11 de marzo o tramo do Camiño de Santiago Portugués que transcorre polo municipio de Mos, para comprobar e analizar in situ e de primeira man as necesidades existentes ou potenciais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.