Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 01 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Éxito contundente dos representantes ponteareáns no Campionato de España de wushu

A Asociación Deportiva Wudang pecha a súa participación con cinco medallas de ouro, dúas pratas e cinco bronces.

A Asociación Deportiva Wudang de Ponteareas vén de pechar a súa participación no Campionato de España de Wushu celebrados no Pavillón do CSD en Madrid.


As medallas acadadas polos deportistas ponteareáns quedaban distribuídas do seguinte xeito:

 

Paula Sotelino: Medallas de ouro nas categorías de Changquan junior e Gunshu junior, así coma bronce en Daoshu junior.
 

Jacobo Mo: Medalla de ouro na categoría de Nandao absoluto promoción e bronce en Nanquan absoluto promoción.
 

Maikel Cuña: Medalla prata en Nanquan absoluto promoción, e bronces en Nandao absoluto promocion e Nangun absoluto promoción.
 

Belén Arjones: Medallas de ouro nas categorías de Nanquan absoluto promocion e Nangun absoluto promoción, así comoa prata en Nandao absoluto promoción.
 

Sergio Vazquez: Medalla de bronce na categoría de Changquan junior

 

O éxito da Asociación Deportiva Wudang en Madrid non fai máis, “que amosar o bo estado de saúde que ten o deporte ponteareán nas súas distintas especialidades”, sinala o concelleiro de Deportes do Concello de Ponteareas, Benito Márquez.


Márquez chama a atención sobre o feito de que o municipio do Tea “conta con deportistas que, ben incluídos en clubs ou ben con participacións individuais, están a un altísimo nivel e así o demostran en todas as competicións nas que participan”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.