Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 01 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra e ABANCA renovan o Plan Activamos cunha nova liña de crédito de 50 millóns

O importe comprometido incrementa nun 6% o volume financiado no marco do convenio anterior.

[Img #30828]

 

A Deputación de Pontevedra e ABANCA renovaron esta semana o Plan Activamos cunha nova liña de crédito de 50 millóns de euros para familias, pemes, micropemes, persoas autónomas e corporacións locais da provincia. Este importe supón un incremento do 6% con respecto ao volume financiado no marco do último convenio.

 

Este programa financeiro xa permitiu, nos seus dous anos e medio de vixencia, impulsar o desenvolvemento económico e social da provincia con 116,8 millóns de euros mediante un total de 5.179 créditos ‘brandos’, destinados, principalmente, a proxectos de emprendemento, novos investimentos e circulante empresarial.

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa García, foron os encargados de firmar o novo protocolo de colaboración que dá continuidade a un plan iniciado en xullo de 2014.

 

Carmela Silva agradeceu a ABANCA o esforzo financeiro “que o pasado ano supuxo que 45 dos 47 millóns de euros financiados chegasen a pemes e persoas autónomas. Foi fundamental para que estas empresas puidesen manter a súa actividade económica e, por conseguinte, o emprego”. A presidenta da Deputación tamén puxo en valor as novidades deste ano, os créditos para a rehabilitación de vivendas do rural e as axudas ás persoas con diversidade funcional para a compra de material ortopédico. “O compromiso e a sensibilidade social demóstrase con feitos”, dixo Silva, “e este novo convenio é boa proba diso”.

 

 

 

 

O 95% do crédito concedido destinouse a financiar a pemes, micropemes e persoas autónomas da provincia

 

 

 

 

Pola súa banda, Santiago Novoa manifestou que “as cifras acadadas ata agora demostran que o Plan Activamos está cumprindo con creces o seu obxectivo de mellora da competitividade da provincia e a súa contribución ao progreso socioeconómico das pemes, micropemes, persoas autónomas, familias e corporacións locais”. “É un convenio vivo, dinámico, flexible, revisable tanto en prezos coma no importe de financiamento establecido; integrador e transparente, ademais de garante da inclusión financeira”.

 

O crédito amparado polo Plan Activamos conta cunhas condicións financeiras moi vantaxosas: tipos de xuro por debaixo do mercado, cero comisións de estudo, amortización ou cancelación anticipada; amplos prazos de amortización e posibilidade de carencia naquelas modalidades nas que o cliente necesita un prazo para situarse en condicións de xerar ingresos.

 

Proxectos financiables
Os principais beneficiarios do crédito do Plan Activamos son pemes, micropemes e persoas autónomas. O programa oferta crédito para a posta en marcha de proxectos emprendedores, desenvolvemento de novos investimentos, creación de emprego, actuacións de mellora enerxética nos negocios e tamén cobre necesidades de circulante.

 

O 95% do financiamento concedido no marco do Plan Activamos dirixiuse a apoiar o tecido produtivo. Os créditos a pemes, micropemes e persoas autónomas destináronse maioritariamente a financiar novos investimentos empresariais.

 

 

 

 

O plan oferta este ano como novidade unha liña de financiamento a familias para a rehabilitación de vivendas en poboacións de menos de 20.000 habitantes

 

 

 

 

Para as familias, ABANCA oferta a través deste programa financeiro préstamos para a dotación de equipamento tecnolóxico, realización de actividades de formación, reformas no fogar que contribúan á mellora da accesibilidade ou a eficiencia enerxética e adquisición de vehículos eficientes. Como novidade, o plan incorpora este ano unha liña de crédito para a rehabilitación de vivendas unifamiliares en poboacións da provincia de menos de 20.000 habitantes.

 

Finalmente, as corporacións locais poden optar no marco deste programa a préstamos para acometer pequenos investimentos municipais e para atender necesidades de tesourería.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.