Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 02 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O PSdeG de Mos insta o goberno municipal a poñer en marcha axudas para pagar o recibo da luz

Dende o  PSOE de Mos explican ter coñecemento de que "nos concellos limítrofes contan cunhas axudas de emerxencia para que os vecinos faganlle fronte as diferentes necesidades". Tamén lle consta que "hai familias cunha situación precaria que teñen que prescindir de diversos servicios, como a calefacción xa que incrementan o recibo mensual".


A raíz das condicións climatolóxicas e do calculo variable do recibo da luz, moitas familias vense na obriga de non utilizar certos servicios eléctricos, o que se coñece como pobreza enerxética.


Dende a agrupación socialista instan o goberno local a "por en marcha estas axudas, xa que agora mesmo só se dispón das achegas da Xunta pero a nivel local non existe unha partida económica para tal fin. Nidia Arevalo, presume constantemente da súa preocupación polos vecinos pero non toma ningunha medida o respecto. Di que as necesidades da veciñanza tenas cubertas" explican.


A formación socialista pensa que as necesidades "nunca están cubertas e sempre hai ocos nos que traballar e seguir mellorando".


Dende a oposición consideran que "esta é una situación intolerable, e que os vecinos de Mos merecen recibir unha solución".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.