Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 03 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva esixe medidas drásticas contra a asociación “Hazte Oir” e o seu “autobús do odio”

A Presidenta da Deputación inaugura en Caldas a exposición “Sorrisos Transformadores” para dar visibilidade ao colectivo de menores “trans”.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, reclamou esta semana “medidas  drásticas” contra a asociación “Hazte Oir” pola campaña que desenvolve cun autobús polas rúas de Madrid contra os dereitos e as liberdades das persoas con orientacións sexuais diferentes. Silva fixo estas declaracións na inauguración, na localidade de Caldas, da exposición “Sorrisos transformadores” que precisamente quere dar visibilidade a diversidade e a prevención de actitudes e de comportamentos discriminatorios pola orientación sexual e a identidade de xénero dos menores. Esta campaña está desenvolvida pola Deputación e a asociación Arela de Familias con Menores Trans.

 

Carmela Silva foi contundente ao asegurar que  o autobús da asociación “Hazte Oir”  “pretende ir contra os dereitos e liberdades das persoas trans e das persoas con orientacións sexuais diferentes. E insoportable e inadmisible que no século XXI podan acontecer actuacións semellantes”.

 

A Presidenta da Deputación subliñou que unha sociedade “só é decente,  democrática e avanzada cando respecta a liberdade da xente”. Silva destacou que a campaña con ese autobús vai encontra da propia Constitución Española “que no seu artigo XIV establece a igualdade e a non discriminación por razóns de sexo, raza, relixión, ou económicas polo que ese autobús vai contra un dos dereitos fundamentais dos españois”. Silva manifestou sentirse “avergonzada” como responsable pública porque aínda existan asociacións que defendan posturas semellantes.

 

As dez fotografías que recolle a exposición “Sorrisos transformadores” amosan dez realidades de persoas trans ou que, sen selo, están relacionadas pola súa profesión na transmisión dunha mensaxe de positivismo e de orgullo sobre este colectivo. Precisamente por ser unha campaña positiva, cada unha das imaxes vai acompañada por un texto: “Trans* vén de transformador do mundo”, “o natural é o moitísimo que nos queremos”… E todas elas levan unha lenda común: “respecta, defende, sensibiliza, iguala, vive e deixa vivir”.

 

 “Sorrisos transformadores”, busca facer de Pontevedra unha provincia que respecta e defende todas as persoas, especialmente aquelas que son discriminadas inxustamente, e que lembre que calquera tipo de violencia sobre este colectivo supón unha vulneración atroz dos dereitos humanos. A exposición percorrerá vinte vilas da provincia despois do seu paso polo Pazo Provincial da Deputación en Pontevedra.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.