Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 03 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra aproba as bases da segunda edición do programa “Depo Aventura A Lanzada”

O programa oferta este ano 2.200 prazas para menores nados entre o 2004 e o 2009, das cales 300 serán gratuítas para familias en situación ou risco de exclusión social.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres as bases da segunda edición do programa “Depo Aventura A Lanzada” a través das cales se ofertan 2.200 prazas, 300 delas gratuítas para menores en situación ou risco de exclusión social, para gozar de 7 días na Lanzada en réxime de pensión completa e cunha ampla programación de actividades para o tempo libre, moitas delas en inglés.

 

En concreto, e tal e como adiantou Carmela Silva, “Depo Aventura A Lanzada” pretende que “2.200 menores empreguen o seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, artístico, medioambiental, deportivo e formativo que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual”.

 

O programa “Depo Aventura a Lanzada” está aberto a nenas e nenos nadas e nados entre 2004 e 2009 e empadroadas e empadroados na provincia de Pontevedra. Ó respecto, a Presidenta da Deputación fixo fincapé en que “poden participar nesta actividade nenas e nenos con diversidade funcional, porque queremos ofrecerlles a oportunidade de que interveñan en igualdade de condicións coas e cos demais en actividades de lecer e tempo libre”.

 

 

 

 

A Deputación de Pontevedra destina a “Depo Aventura A Lanzada” 240.000 €

 

 

 

 

En total, o programa oferta 2.200 prazas das cales a Deputación de Pontevedra subvencionará co 50% 1.900 prazas, debendo aboar as familias interesadas 100 € por praza, 80 € no caso das familias numerosas. As 300 prazas restantes, dirixidas a menores en situación ou risco de exclusión social, serán subvencionadas ó 100%. Neste caso concreto, 260 prazas destinaranse ás nenas e ós nenos en situación ou risco de exclusión social dos concellos da provincia de Pontevedra, 25 a nenas e nenos do Centro Príncipe Felipe e 15 para aquelas e aqueles que se atopen en situación de tutela ou garda administrativa doutros centros da provincia.

 

“Depo Aventura A Lanzada”, ó que a institución provincial destina 240.000 €, desenvolverase entre o 25 de xuño e o 9 de setembro en 11 quendas de 7 días de duración cada unha (do 25 de xuño ao 1 de xullo, do 2 ao 8 de xullo, do 9 ao 15 de xullo, do 16 ao 22 de xullo, do 23 ao 29 de xullo, do 30 de xullo ao 5 de agosto, do 6 ao 12 de agosto, do 13 ao 19 de agosto, do 20 ao 26 de agosto, do 27 de agosto ao 2 de setembro, do 3 ao 9 de setembro).

 

As persoas interesadas neste programa disporán de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO, para presentar a solicitude.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.