Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 06 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP busca solucións ó problema das augas pluviais no entorno do Centro Cultural de Picoña

Advirte do perigo que o arrastre de terras supón para a circulación de vehículos.

O Partido Popular de Salceda de Caselas presentou con data 22 de abril de 2016 un ROGO por rexistro sobre a recollida de augas pluviais no entorno do Centro Cultural de Picoña. Primitivo González Souto, concelleiro do PP salcedense, sostén que “dende a zona do cruceiro ata a confluencia coa estrada provincial, xusto ó seu paso polo lateral do torreiro da Picoña, non existe ningún tipo de recollida de augas pluviais”. González Souto asegura que “estas augas discorren pola estrada sen control e tendo en conta a ampla superficie de recollida, produce un arrastre de terras”.

 

O grupo popular do municipio alerta do risco que entraña esta situación “incomodando tanto a vehículos como a peatóns” e defende una intervención que considera “simple” instando ó concello a solucionar un problema que – din –  preocupa ós veciños.

 

 

 

 

Case un ano despois de solicitar a mellora, a situación segue igual

 

 

 

 

Primitivo González explica que a obra non precisa de grandes inversións e suxire que se execute o antes posible “xa que leva case un ano solicitada polo noso grupo e a día de hoxe non tivo solución”. Tiveron Plans de emprego, e polo tanto traballadores para realizala e diñeiro para inversións en infraestruturas a través do Plan Concellos da Deputación, polo tanto que non se excusen, xa que se trata dunha intervención “sinxela” que “constaría de pór unha canaleta con rexilla ó longo da estrada para recoller as augas que discorren pola pendente. Deste xeito, evítase tamén a entrada de augas cara ó torreiro de festas que se utiliza, non só en festas, se non de aparcadoiro para os que fan actividades e usuarios do Centro Cultural, e en días que haxa algún tipo de acto na igrexa parroquial, -misas, enterros... ”.

 

Suxire ademais o concelleiro popular que para rematar ben a obra, habería que “prolongar a cuneta na marxe dereita pendente abaixo co fin de recoller as augas da canaleta que propoñemos. O fluxo dirixiríase cara unha arqueta preexistente e desde modo, as augas pluviais discorrerían por debaixo da estrada conectando cunha canalización que as levaría ao río Caselas”, conclúe González Souto.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.