Domingo, 28 de Septiembre de 2025

Xornal21
Lunes, 06 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Performance de ‘violencia zero’ no Porriño este luns 6 de marzo

[Img #30886]‘Mulleres en acción: violencia zero 2016-2017’ é un proxecto de acción artística que se desenvolve no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar a poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, para tratar de unir forzas para loitar contra esta lacra presente na sociedade.


Esta edición recolle 25 accións de arte contemporánea nas súas diferentes modalidades (pintura, música, danza, teatro, poesía, graffiti ou performance), que se levarán a cabo ata novembro de 2017 en 25 concellos da provincia, O Porriño entre eles.


As actividades programadas pola Deputación de Pontevedra funcionarán como arma de visibilización e de reflexión, para promover una sociedade igualitaria entre homes e mulleres, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes.


Este luns, ao mediodía, organizado polo organismo provincial e o Concello do Porriño, na Praza de Antonio Palacios-ou no caso de que chova, no Centro Cultural Municipal-, terá lugar unha performance aberta á participación de todas as veciñas e veciños da vila, a cargo da artista Sandra Bejarano, que interpretará a peza “Non me queiras así”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.