Domingo, 28 de Septiembre de 2025

Xornal21
Viernes, 03 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

M. Alejandro Lorenzo concorre mañá ao Congreso Local co respaldo formal da metade do censo de afiliados

O único candidato á presidencia do PP do Porriño presentou onte 324 avais de apoio á súa candidatura .

O  único candidato á presidencia do Partido Popular do Porriño, M. Alejandro Lorenzo, presentou 324 avais de apoio á súa candidatura á presidencia do PP local. Así, Lorenzo concorre mañá ao que será o quinto Congreso Local co respaldo formal da metade do censo de afiliados.  


Os máis de 660 afiliados do PP de Porriño están convidados a decidir mañá sobre o futuro da agrupación. Ás 11:00 horas o Salón Principal do Restaurante Manolo abrirá as súas portas para celebrar o V Congreso Local do PP do Porriño. Unha vez acreditados os asistentes, ás 11:30 horas iniciarase o conclave coa constitución da Mesa, seguida da intervención do candidato.

 

 

 

 

Os máis de 660 afiliados do PP de Porriño están convidados a decidir mañá sobre o futuro da agrupación

 

 

 


Desde o Comité Organizador do Congreso, presidido por José Manuel Barros, informan de que a votación levará a cabo a man alzada ás 12:30 horas. Tras a mesma, haberá unha intervención do xa presidente electo e pechará o acto o presidente provincial Alfonso Rueda Valenzuela, e a presidenta do Congreso, Ana Pastor,  ao redor das 13:30 horas.


Os populares convidan a militantes e simpatizantes do partido para participar e ser parte activa deste proceso no que se dirimirá o futuro dos populares porriñeses os próximos anos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.