Tui
Trasladada en Tui unha muller que sufriu queimaduras nunha man ao tratar de apagar un incendio na súa vivenda
Unha muller foi traslada esta mañá ao centro de saúde da localidade, con queimaduras –de carácter leve- nunha man. A dona do inmoble trataba de sufocar as chamas que se produciran na cociña da súa vivenda, situada na Rúa Foxo, en Tui.
Os Bombeiros de Baixo Miño que acudiron ao punto, tras ser alertados polo 112 Galicia, confirmaron que ardeu a campá extractora e os mobles da parte superior da cociña. Viuse, ademais, o resto da casa afectada polo fume, excepto, unha das estancias.
Un veciño foi quen, ao fío das 08:30 horas, alertou ao 112. Indicaba que ardía un piso e que había xente no seu interior. Ese foi o motivo polo que os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia, decontado, pasaron aviso a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Baixo Miño. Así mesmo, solicitaron a colaboración dos axentes da Policía Local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136