Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 07 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta achega ás microempresas de Pontevedra o catálogo de servizos e axudas para facilitarlles a súa internacionalización

O Igape facilitará esta información na xornada específica que se desenvolverá o próximo luns, día 6, no Liceo Casino de Pontevedra, organizada pola Asociación Española Multisectorial de Microempresa.

 

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará aos autónomos, microempresas e pemes de Pontevedra o amplo abano de servizos e apoios que ofrece, a través do Igape, para facilitar a internacionalización do tecido produtivo. O Igape informará polo miúdo destas iniciativas na xornada específica que se desenvolverá o próximo luns, día 6 de marzo, a partir das 9,15 horas, no Liceo Casino de Pontevedra, organizada pola Asociación Española Multisectorial de Microempresa (AEMME).

 

Mediante actuacións como Galicia Exporta, que acaba de activarse, a Xunta de Galicia prevé facilitar a 500 autónomos, microempresas e Pemes a iniciación ou consolidación dos seus procesos de expansión en novos mercados. Para facer fronte a ese reto, o Igape apoiará tamén a contratación de xestores expertos en internacionalización. Ademais, o programa Foexga, coordinado polo Igape e desenvolvido a través das Cámaras de Comercio, contempla a organización de corenta misións internacionais durante o presente semestre.

 

 

 

 

O Programa Foexga, coordinado polo Igape a través das Cámaras de Comercio, contempla a organización de corenta misións internacionais durante o presente semestre

 

 

 

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria achega servizos e axudas, tanto en orixe como en destino, adecuados á fase concreta de internacionalización de cada empresa, á marxe da súa dimensión ou do mercado que teña como obxectivo.

 

Desde o 2009 a Xunta aposta de forma clara polos mercados exteriores como un dos motores da recuperación económica que xa está a experimentar Galicia. Así, como froito deste esforzo continuado, coordinado no marco da Estratexia de Internacionalización da empresa galega 2020 e do compromiso e ambición das empresas, as exportacións galegas veñen de marcar un novo récord histórico ao superar, por primeira vez, os 20.000 millóns de euros. Ademais, durante o pasado ano sumáronse á exportación case 400 novas empresas, ata superar as 6.700 compañías.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.