PROVINCIA
O persoal de Pescanova convoca dúas xornadas de folga polo bloqueo da negociación do convenio
Decidiron que o paro sexa indefinido a partir do 3 de abril se non hai avances.
![[Img #30893]](upload/img/periodico/img_30893.jpg)
O cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu hoxe nunha multitudinaria asemblea celebrada en Redondela convocar dúas xornadas de folga os vindeiros martes 14 e 21 de marzo ante o bloqueo da renovación dos convenios colectivos tras máis de 10 meses de conversas. Ademais, os traballadores/as acordaron que no caso de que non se produzan avances nas negociacións o paro pasará a ser indefinido a partir do 3 de abril.
Arredor de 400 empregados/as de Nueva Pescanova participaron na asemblea convocada pola maioría sindical da empresa de alimentación (CIG, CUT, UGT e USO) para analizar o último borrador de convenio achegado pola dirección e debatir a posibilidade de convocar mobilizacións. O conxunto dos traballadores/as rexeitou a proposta e apostou por promover unha convocatoria de folga para os vindeiros martes 14 e 21 de marzo.
Ademais, no caso de que non haxa avances nas vindeiras semanas, o paro pasaría a ser indefinida a partir do luns 3 de abril. Estas decisións adoptáronse co voto a favor da práctica totalidade dos presentes, xa que unicamente se rexistraron dúas abstencións. Outra das medidas que saíron adiante foi a formación de piquetes para evitar a entrada de traballadores/as de ETT na empresa os sábados, xa que a dirección está a botar man deles/as en maior medida dende que o persoal de empresa decidiu deixar de facer horas extras como medida de presión.
Ao remate da asemblea -a cuxo inicio se gardou un minuto de silencio en memoria dunh traballadora da empresa asasinada recentemente polo seu compañeiro sentimental- as catro centrais sindicais ofreceron unha rolda de prensa para informar sobre o contido da asemblea e anunciar as decisións adoptadas. Suso García, da FGAMT-CIG, asegurou que os traballadores/as decidiron convocar a folga “para deixarlle claro á empresa que non van consentir que se precaricen as súas condicións laborais”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184