O PORRIÑO
O Concello do Porriño coopera cona 18 vilas francesas
![[Img #30915]](upload/img/periodico/img_30915.jpg)
Os concelleiros de Educación, Lourdes Moure, e de Limpeza, Orlando Vázquez, viaxaron á rexión francesa de Burdeos para organizar un irmanamento coa Communauté de Communes du Fronsadais, entidade que integra a 18 concellos franceses cos que O Porriño quere establecer unha relación de cooperación en diferentes eidos.
Os dous concelleiros mantiveron xuntanzas con representantes deste organismo e cos alcaldes das vilas que forman parte do mesmo coa intención de estudar a posibilidade presentar un proxecto europeo conxunto en base a propostas educativas que permitan, nun primeiro paso, o intercambio de coñecementos entre estudantes e profesores de Educación Secundaria.
A intención é que O Porriño poida desenrolar con Fronsadais proxectos semellantes aos que estes concellos de Burdeos xa teñen en marcha con rexións de China e Italia, e que abranguen ámbitos de tanto interese coma a educación, xuventude, cultura, economía, comercio, viticultura, alimentación ou turismo.
Nos vindeiros meses, representantes da Communauté de Communes du Fronsadais viaxarán a O Porriño para coñecer o Val da Louriña, concretar varias das propostas que estiveron en estudo nestes días, e decidir, de xeito conxunto os contidos do acordo de colaboración.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170