Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 08 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

María Solar presenta “Os nenos da varíola” no ciclo "Venres D_letras"

O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello o vindeiro venres 10, a partir das 20:30 horas.

[Img #30937]A escritora e xornalista da Televisión de Galicia e a Radio Galega, María Solar, presentadora na actualidade do magazine informativo A Revista Fin de Semana vai presentar a súa nova novela xuvenil.


A obra ambiéntase no hospicio da cidade da Coruña , en 1803, os nenos sobreviven a duras penas. Nin eles, nin a súa reitora Isabel Zendal, poden imaxinar de que maneira lles cambiará a vida a chegada do doutor Balmis e a súa expedición médica. Só o ilustrado doutor Antonio Posse Roybanes coñece a envergadura do propósito destes homes que pretenden levar a recentemente descuberta vacina da varíola ata o Novo Mundo. Vinte e dous orfos procedentes de Madrid, A Coruña e Santiago conformarán unha cadea humana “brazo a brazo” para levar a vacina aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas realizadas na historia da humanidade.


María Solar estará acompañada nesta presentación polo seu editor, Francisco Castro, da editorial Galaxia, e por Manrique Fernández, coordinador do ciclo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.