CULTURA
O Festival de Cans bate de novo o seu récord de curtas inscritas
O festival recibe 235 obras, preto dun 10% máis que o pasado ano, e contará tamén nesta edición con sección de animación.
![[Img #30947]](upload/img/periodico/img_30947.jpg)
O Festival de Cans bate un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 235 producións galegas, o que supón case un 10% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 215 traballos. Divididas por categorías recibíronse un total de 147 curtametraxes de ficción e non ficción, 15 de animación e 75 videoclips.
Estes datos convidan ao optimismo sobre o ritmo de produción das creadoras e creadores galegos, acadando un paso adiante cuantitativo e tamén cualitativo nas pezas recibidas edición tras edición. A organización móstrase sorprendida de que un ano máis, a pesar de ser un certame onde só se admiten curtametraxes de directoras e directores galegos, continúen subindo as cifras de obras presentadas.
Con respecto ao apartado de curtametraxes de ficción, segue rexistrándose un gran volume de traballos de creadores e creadoras galegos que viven e desenvolven a súa actividade profesional fóra de Galicia. Así o constatan as produción recibidas dende lugares como Madrid, Barcelona, Sevilla ou Valencia e tamén desde diversos países do mundo entre os que se atopan Inglaterra, Estados Unidos, Portugal, Italia, Francia, Bélxica, Finlandia, Brasil ou Arxentina. O tipo de xéneros ao que pertencen as curtametraxes inscritas nunca foi tan variado: abrangue dende a comedia ata o drama, pasando polo biopic histórico, o thriller ou o musical.
Obsérvase tamén como dato moi positivo o a recepción dun número considerable de curtametraxes de animación que garante a constitución desta categoría nesta edición do festival, e que estará caracterizada por unha calidade excepcional.
As pezas recibidas proceden de directores e directoras galegos que traballan en países tan diversos como Inglaterra, Estados Unidos, Portugal, Italia, Francia, Bélxica, Finlandia, Brasil ou Arxentina
No tocante aos videoclips, foron 73 as pezas recibidas ubicadas nun amplo abano de estilos musicais entre os que se atopan o pop, o rock, o folk, o hip-hop, a electrónica, o ska ou incluso o metal, símbolo da boa saúde e variedade de bandas e estilos musicais que existen en Galicia.
Dá comezo agora para a organización un exhaustivo e laborioso proceso de visionado e selección, que se prolongará durante varias semanas e a través do cal se elixirán as obras finalistas en cada categoría.
Difícil tarefa do financiamento
O Festival de Cans continúa na difícil tarefa da busca de patrocinios para poder completar satisfactoriamente o seu orzamento. Unha vez confirmado o apoio do Concello do Porriño, resta aínda por saber que lle depararán ao festival as axudas da Deputación de Pontevedra e, sobre todo, as da Xunta de Galicia a través da Agadic, as máis importantes para a súa celebración
Este é o motivo polo que a Asociación Arela fai un chamamento a empresas privadas, entidades e particulares para buscar xeitos de colaboración dentro da campaña "Amadriña ou apadriña un jalpón”. Neste momento o festival ten cinco salas con madriña ou padriño, polo que se poñen as cinco restantes a disposición de posibles patrocinadores como espazo promocional privilexiado para poder chegar ao orzamento necesario e garantir que o festival se celebre os catro días previstos, do 24 ao 27 de maio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153