Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 08 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP instou en dúas ocasións no 2016 ó concello a mellorar a zona comercial da Soutelo

O Concello presenta o 2 de marzo de 2017 un escrito instando a Xunta a solucionar o problema cando ó longo de 2016 pasou por alto as propostas do PP ó respecto.

[Img #30951]

 

“Resulta curioso e incluso gracioso que o Alcalde inste a Xunta de Galicia a mellorar a zona comercial da Tabernanova, na parroquia de Soutelo, cando o PP presentou no pleno do 23 de decembro de 2016 unha moción ó repecto e tanto o grupo MS como o PSOE votaron en contra en presencia dos comerciantes que acudiron ao pleno e que reclamaban estas obras e servizos”. Así, o voceiro do PP en Salceda, Santiago Rodríguez Davila, lamenta que unha vez mais o Alcalde faga “demagoxia vendendo que fai cando o seu e precisamente a deixadez”. Con esta moción o PP pretendía conseguir o apoio unánime do pleno para implicar a todas as administracións con competencias (Xunta de Galicia, Concello e Consorcio do Louro) e o Alcalde calificouna de “trapallada”.

 

“O Alcalde presenta un escrito instando á Xunta a mellorar a urbanización da estrada PO-411 Paramós Salceda o día 2 de marzo de 2017 e resulta irrisorio que adxunte como documentación un rogo do PP de abril de 2016 que despóis levamos ao pleno do pasado decembro e que tumbaron. Tivo que pasar case un ano desde que os comerciantes e o PP solicitaran estas xestións para que o Alcalde movera un dedo”, sinala Rodríguez Davila.

 

 

 

 

O PP adiántase ó Alcalde asistindo como convidado da Asociación de Comerciantes a unha reunión celebrada o pasado 25 de xaneiro co Delegado da Xunta de Galicia en Vigo e co Director Xeral de Infraestructuras

 

 

 

 

O grupo popular de Salceda engade que “ chegan con retraso porque a Asociación de Comerciantes, vendo que desde o Concello non facían nada, tomou a iniciativa de entrevistarse o pasado 25 de xaneiro co Delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves e co Director Xeral de Infraestruturas, Francisco Menéndez,  reunión na que o PP de Salceda estivo presente convidado polos comerciantes”. Santiago Rodríguez Davila sostén que “A Xunta está cumprindo porque nesa reunión acordouse enviar ós técnicos que xa están a traballar no informe e que rematarán nos próximos días”.

 

O PP insiste en que “o Concello non se pode lavar as mans mirando cara outro lado e deixando o asunto en mans da Xunta cando hai estradas municipais que desembocan nese vial da Xunta polo que ten que intervir e porse de acordo con outras administracións”. A propósito deste asunto, Rodríguez Davila alerta de “un burato de máis de un metro de profundidade nunha estrada municipal preto da estrada autonómica, que xa se está producindo grietas que irán en aumento si non se solucionan” polo que insta ó Concello a intervir “urxentemente” neste asunto e deixar de “botar a pelota ó tellado dos demáis mentres continúa de brazos cruzados sen resolver o problema de saneamento que prometeu ter solucionado a finais do 2015, ademais de otras necesidades pendentes de resolver”. Neste sentido, o PP recorda que o Alcalde “obviou as suxerencias que os comerciantes reclamaron e nós canalizamos a modo de suxerencias ó PXOM, coma a apertura de novos viais de competencia municipal”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.