Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 10 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Salceda énchese de camelias

[Img #30953]

 

O Concello de Salceda ven de dar o pistoletazo de saída da IX Edición da Mostra-Exposición da Camelia. 70 expositores chegados de toda a xeografía galega, do norte de Portugal e incluso de Asturias fan desta a segunda mostra máis importante de Galiza, sólo por detrás da Internacional. Os visitantes poderán contemplar milleiros de camelias ao longo dos 150 metros preparados para a exposición. A mostra celébrase no Auditorio Municipal de Salceda e no edificio da Casa do Concello, e inclúe unha ampla programación complementaria durante as xornadas do sábado e do domingo.

 

A organización do evento corre da man da Concellaría de Turismo que dirixe Loli castiñeira, arroupada en todo momento pola Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda, así como pola Asociación de Mulleres Rurais. Resulta fundamental ademáis a colaboración de Frigolouro, empresa encargada de ofrecer o xantar aos expositores, con unha degustación na que non podían faltar os tradicionais callos.

 

A programación compleméntase co concertó do grupo DIESE o sábado na apertura da mostra, e a feira de artesanía e agrosostible que se celebrará o domingo no entorno da Praza de Abastos.

 

Este ano ademáis dase a coincidencia de que o domingo se celebrará en Salceda o tradicional enfrontamento de entroido entre os barrios de Castro Barreiro e A Feira, que tivera que ser aprazado polo mal tempo, polo que a previsión é que milleiros de persoas se acheguen a Salceda durante toda a fin de semana.
Loli Castiñeira, Concelleira de Turismo: “un ano máis Salceda convértese no punto de destino de centos de apaixoados do mundo da camelia. Agradecemos especialmente a colaboración do tecido asociativo que sempre nos bota unha man neste tipo de eventos”.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.