PROVINCIA
Muros e Ponteareas acollerán esta semana a obra Voaxa e Carmín que ven de recibir 5 nomeamentos nos María Casares
Tralo éxito de público en Compostela, onde se encheu durante catro días o Teatro Principal, e tamén en Vigo, onde as entradas se remataron moito antes da chegada da obra, a obra pretende encher os auditorios de Muros e Ponteareas na semana da muller.
![[Img #30954]](upload/img/periodico/img_30954.jpg)
Como era de esperar, o público ateigou o Teatro Principal de Santiago de Compostela para ver ás súas veciñas representadas en escena. Foron catro días nos que disfrutar no teatro cunha historia moi propia coa que poder facer unha sentida homenaxe a dúas mulleres ben queridas pola cidadanía. Pero lonxe de Compostela, esta obra tamén está tocando o corazón da xente que en Vigo encheu o Auditorio do Concello e concedeu un longo aplauso a Mabel Rivera e Belén Constenla, que levando a escena a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart demostran que a veteranía é un grao. Non por acaso, ambas están nomeadas aos María Casares xunto a Patricia de Lorenzo (por Eroski Paraíso, de Chévere). Na direccion da proposta escénica de ButacaZero está Xavier Castiñeira, que decidiu apoiar a escenificaicón nun paseo virtual por unha Compostela virdual en 3D deseñada por Roi Fernández (Sr. Pause Cinescapismo) que reproduce, de maneira pictórica e con estética de gravado, as rúas de Compostela polas que as protagonistas, coñecidas como As Marías, paseaban durante o franquismo ás dúas da tarde, feito que fixo que os estudantes lles puxeran o alcume As dúas en Punto. A forte carga audiovisual é un dos grandes atractivos da peza, pero non o único, xa o vestiario e caracterización das personaxes (a cargo de Mari Seoane e Trini F. Silva respectivamente), sorprende pola súa fidelidade aos espectadores que coñeceron en vida a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart. Un traballo polo que ambas están tamén nomeadas aos María Casares que se resolverán o 29 de marzo no Teatro Colón da Coruña. Tamén alí se saberá se a rianxeira Esther Carrodeguas (directora de Teatro Airiños) levará tamén a xerra pola que está nomeada a Mellor Texto Orixinal por esta comedia poética cuxo texto veu alabado pola crítica e os lectores e mereceu xa o Premio Abrente de Textos Teatrais no 2015.
As dúas irmás son de seguro son ben coñecidas pola xente que compartiu vida con elas, e tamén por todas as persoas que se achegan agora a Compostela e ven a estatua de César Lombera que se atopa na Alameda e coa que galegos e forasteiros se fotografan día tras día, converténdose xa nun dos lugares máis populares da cidade. Porén, é probable que moitas destas persoas non saiba apenas nada da historia do seu pasado. Con esta obra de teatro, a compañía ButacaZero súmase a esa lista de persoas e asociacións que non últimos anos quixeron dignificar a figura destas irmáns coñecidas por vestirse de maneira estrafalaria e maquillarse esaxeradamente para saír cada día, chiscando ollos aos estudantes ate case o último día da súa vida, que agochan no seu pasado a vivencia dunha postguerra terrible, ateigada de rexistros domiciliarios aleivosos e cruentos, ao pertencer a unha familia con membros anarcosindicalistas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184