Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 07 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

Rematadas as obras de asfaltado no vial das Pozas

[Img #30963]

 

Hoxe quedaron rematadas as obras de asfaltado no vial das Pozas, en Petelos.  Durante os traballos a estrada permaneceu cortada ao tráfico polo que os usuarios tiveron que empregar  rutas alternativas. Neste intres xa  se pode circular con total normalidade pola zona.

 

Para a mellora e humanización do Camiño das Pozas, que une a Capela de San Amaro co edificio Multiusos, foi necesaria a cesión dos terreos da Comunidade de Montes de Petelos na zona de As Pozas ó Concello de Mos para que a administración local puidera acometer as obras de humanización e ampliación de prazas de aparcadoiro previstas para este lugar. Na adquisición dos terreos da Comunidade de Montes o Concello de Mos investiu 25.000 euros.

 

Nos terreos adquiridos ós comuneiros estanse a realizar as obras de aparcadoiro nas Pozas e a humanización da estrada que conduce ó centro Multiusos dende a Capela de San Amaro. As obras atópanse prácticamente rematadas.

 

[Img #30964]

Este proxecto enmárcase nas iniciativas que o goberno local tiña previsto poñer en marcha na presente lexislatura e que teñen como referencia buscar espazos para o uso das persoas. Estas obras son consideradas por Arévalo, rexedora local mosense, como “traballos de vital importancia  para a seguridade das persoas que transitan por esa zona”.

 

Nesta zona sen espazo onde aparcar tamén foi necesario dotar de prazas de aparcamento o contorno dun edificio tan concorrido e que se atopa ubicado nas Pozas, área que concentra moitas outras dependencias públicas como son o Multiusos, o Colexio de Petelos, o IES de Mos, o Pavillón Óscar Pereiro, a Piscina Municipal; así coma os novos parque e pista de skate.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.