Sábado, 27 de Septiembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 08 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Merca na Rúa ofrecerá rebaixas de ata un 80% nos seus artigos

Celebrarase o sábado 11 e domingo 12 de marzo no Porriño

[Img #31003]

 

Merca na Rúa ofrecerá artigos rebaixados “ata nun 80%”, subliñou este mércores a xerente da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR). Noelia Conde, xunto co concelleiro de Comercio , Marcelino Coto, presentou este mércores a XVI edición desta cita que, coma subliñou o concelleiro, “é xa unha referencia dentro e fora da nosa vila”.


Un total de 19 establecementos ofrecerán artigos deportivos, complementos, calzados, productos de óptica, roupa para cativos ou confección,de 10 da mañá a 9 da noite, ininterrompidamente o sábado, e de 11 da mañá a 8 da tarde,o domingo, cunha rebaixa nos prezos do 50, 60, 70 e mesmo o 80%.


 Marcielino Coto indicou que Merca na Rúa estará aberta na zona peonil do Porriño o sábado, e se trasladará ao Parque do Cristo, o domingo, día no que coincide coa disputa da Interrunning-Concello do Porriño.


O concelleiro, quen reafirmou o apoio do Goberno local a esta “estupenda iniciativa de ACIPOR”, lembrou que haberá todo un programa de actividades para as nenas e nenos, “para que os seus país e avós poidan comprar con tranquilidade”, entre elas inchábeis, na Praza de Antonio Palacios.


Coto, quen invitou a todo o mundo a achegarse ao Porriño esta fin de semana, comentou que o Concello asume, tamén, os custes de alumeado, megafonía, limpeza, colocación de probadores, as atraccións para os pícaros e a “vixianza de seguridade dos postos, para que os expositores non teñan que recoller e desmontar os seus stands pola noite”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.