PROVINCIA
O PP esixe "as mesmas oportunidades para todos os concellos"
Nidia Arévalo pide “que expliquen que criterios seguen para asinar convenios con uns concellos e non con outros”.
O grupo provincial do Partido Popular esixe a Deputación de Pontevedra que "teña o mesmo trato e ofreza as mesmas oportunidades aos 61 concellos da provincia". A voceira popular, Nidia Arévalo, critica que "só dous meses despois de aprobar o orzamento, o goberno provincial acaba de facer unha modificación de 14 millóns de euros, dos que 9,4 millóns son para libre disposición. Desta cantidade, explica, 2,7 millóns son para convenios en estradas e o resto, 6,7 millóns, son para convenios coas cidades".
Recordan que o seu grupo pediu que ampliasen a partida do Plan Concellos en 20 millóns de euros, “para que os pequenos e medianos concellos da provincia non perdesen investimentos co novo goberno provincial. Pero naquel momento, o Bipartito rexeitou esta proposta dicindo que non había unha máquina de fabricar billetes. E en só dous meses aparecen 14 millóns de euros, dos que destinan 9,4 para convenios da presidenta”.
A popular critica que se asinen convenios con uns concellos si e ao resto se lles negue esa posibilidade, e que, por exemplo, Vigo e Pontevedra non teñan que adaptarse aos condicionantes e ás esixencias que teñen que facer o resto. “O resto temos que axustarnos a uns máximos e a uns mínimos dentro do Plan Concellos, por exemplo, porcentaxe de investimento, de emprego e de gasto corrente, mentres Vigo e Pontevedra non teñen esas esixencias, eles reparten e distribúen os fondos como queren”.
Ademais, pregunta por que “a Deputación asina convenios con algún concello para, por exemplo, cambiar o céspede do campo de fútbol e co resto non… ou por que mentres se asinan estes e outros convenios para obras se paralizan, sen explicación algunha, os proxectos que deixou en marcha o PP e xa estaban en proceso de adxudicación”.
“O orzamento real do Goberno é a modificación que acaban de facer, que reserva 9,4 millóns de euros para libre disposición”, apunta a voceira
“Como se destinan os fondos deses convenios? Con que criterio? Con que bases? Onde están as regras de xogo destes fondos? Non os hai, e polo tanto chámase libre disposición, por moito que o Bipartito queira negalo”, apunta Nidia Arévalo. Sinala que a diferencia entre a libre disposición de antes e de agora é que mentres antes se repartía de acordo a unhas bases e criterios, e todos os concellos podían presentar os seus proxectos, agora é libre disposición que se reparte desde o despacho. “Non lles gusta que lle falen da libre disposición, porque ten que ser bochornoso dicir unha cousa e facer exactamente a contraria, dicir que os convenios nominativos son ilegais e, aos poucos meses, aprobalos. Por iso non quixeron incluíla nos orzamentos provinciais e tiveron que aprobala pola porta de atrás e nunha modificación orzamentaria”.
Considera, polo tanto, que “este é o orzamento real do Bipartito, non o que aprobaron en novembro e que, como xa denunciou naquel momento o PP, era un documento improvisado e baleiro de contido. Agora teñen unha primeira modificación orzamentaria de 14 millóns de euros, con 9,4 para libre disposición”. A popular sinala que “non hai un plan único e obxectivo para todos os concellos da provincia, aquí hai un plan concellos que é do único que falan, pero tamén hai unha libre disposición que aproban pola porta de atrás, e que son para asinar convenios cos concellos desde o despacho, sen máis criterio que porque a presidenta o decide”.
Nesta liña, a voceira critica o “dobre discurso” do Bipartito da Deputación. “Son os primeiros que falan de transparencia e de obxectividade e son incapaces de predicar co exemplo”. Para a popular, “en só dous meses puxeron en evidencia dúas cuestións, que non hai criterio e que si hai libre disposición, e que non teñen ningunha intención de dar resposta aos pequenos e medianos concellos da provincia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184