MOS
Apoio ás familias numerosas en Mos
Nunha xuntanza co vicepresidente da Asociación Galega, alcaldesa e edil de Política Social expoñen as medidas en vigor e adquiren o compromiso de continuar aumentándoas
![[Img #31025]](upload/img/periodico/img_31025.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, reuníronse onte no Concello co vicepresidente da Asociación Galega de Familias Numerosas, José Manuel Trigo Trigo. Esta xuntanza celebrouse para trasladarlle á agrupación as medidas municipais en vigor de apoio a este colectivo consistentes en bonificacións e exencións no pago de impostos e taxas e facilidades para acceder aos alugueres sociais de vivendas propiedade do Concello, tales coma os pisos de San Eleuterio.
Así mesmo as representantes municipais adquiriron coa Asociación o compromiso de adoitar progresivamente novas medidas de apoio institucional ao colectivo de familias numerosas de Mos.
Respecto das bonificacións e exencións no pago de impostos e taxas xa en vigor destacan a bonificación do 50% nas taxas de recollida de lixo para familias numerosas cando a renda per cápita non exceda do 75% do salario mínimo interprofesional, a bonificación do 50% no Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) da vivenda que constitúa a residencia habitual da familia, e bonificacións nas taxas polos servizos que se prestan nas piscinas municipais para as familias en cursos de natación, cando o usuario teña fillos menores de idade que se inscriban en cursos de natación, o primeiro fillo pagará o 50% e o segundo fillo e seguintes poderán asistir de forma totalmente gratuíta e cando os usuarios que se incriban no mesmo curso sexan dous ou máis irmáns menores de idade, o primeiro pagará as taxas íntegras e o segundo e sucesivos o 50%.
Por outra banda, no caso dos alugueres sociais, no Pleno do pasado mes de xaneiro aprobáronse as bases para optar ao aluguer social de dúas vivendas propiedade municipal en San Eleuterio. Os requisitos que teñen que cumprir as familias beneficiarias destes dous pisos son estar empadroadas en Mos, estar inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivendas de Promoción Pública e ter uns determinados ingresos na unidade familiar. O prezo do aluguer establécese en función da renda da familia beneficiaria. E, entre outros requisitos, para os pisos E2 -1º B (4 dormitorios) e E2 –Baixo C (3 dormitorios) a unidade familiar debe estar formada por un mínimo de cinco e catro membros respectivamente.
Dentro das posibles ideas en apoio ás familias numerosas de Mos para ir implantando de cara a un futuro, xurdiron da reunión de onte algunhas moi interesantes tales coma que se facilite o acceso das familias numerosas ás actividades extraescolares e os espazos deportivos, culturais e de lecer municipais cunha tarifa especial; cando no padrón municipal se dea de alta um novo/a fillo/a dalgún veciño/a da localidade, darase conta no primeiro Pleno posterior; a creación dunha ordenanza de impulso demográfico local e outras medidas, moitas delas simbólicas, que son simples xestos pero que significan moito para este colectivo. E é que as familias numerosas son un colectivo cunhas características e necesidades moi específicas, cada vez máis vulnerables e que arrastran os devastadores efectos da crise. En Galicia hai 20.416 familias co título oficial de familia numerosa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129