MOS
Xornada sobre procesos de selección para comercio organizada polo Plan Integrado de Emprego
Celebrarase na Axencia de Colocación de Mos o vindeiro venres 17 de marzo.
![[Img #31019]](upload/img/periodico/img_31019.jpg)
O II PIE Mos 3.0 organiza un encontro aberto a todos/as os/as interesados/as en asistir sobre as claves nos procesos de selección no sector do comercio. Consistirá en dúas mesas redondas dirixidas tanto aos usuarios do Plan de Emprego como a outras persoas que estean nun proceso de procura ou mellora de emprego.
Desenvolverase nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos, concretamente no salón de actos, o vindeiro venres, 17 de marzo en horario de mañá, de 11.00 horas a 13.00 horas.
Os ponentes serán Iván Moraña, director de tenda de Aki Bricolaxe Mos e Lorena Colmeiro, responsable de Recursos Humanos da Zona Norte do Grupo Cortefiel. Cada unha das dúas mesas redondas terá unha duración duns 30 minutos aproximadamente e durante as mesmas trataranse os seguintes contidos:
- Introdución ao sector.
- Pautas a considerar para entrar nun proceso de selección. Criterios de preselección dun candidato.
- Competencias demandadas.
- Criba curricular.
- Técnicas de recrutamento empregadas pola empresa.
- Técnicas de selección utilizadas.
- Pautas a considerar para poder manter o posto de traballo unha vez conseguido.
- Rogos e preguntas.
Os interesados en asistir deben incribirse previamente a través do enderezo de correo electrónico piemosempresa@concellomos.es O prazo de inscricións atópase xa aberto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129