Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 12 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta impulsa en Vigo o maior proxecto de solo residencial de Galicia

Permitirá construír en Navia 1.600 vivendas protexidas pese a anulación do PXOM

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou esta semana que é a confianza en Vigo como motor da recuperación económica a que motiva que a Xunta estea a impulsar nesta cidade o maior proxecto de solo residencial de Galicia, que permitirá construír en San Paio de Navia 1.600 vivendas protexidas pese a anulación do PXOM.

 

Durante a súa intervención no XXIII Premio Aproin 2016, organizado pola Asociación de Promotores Inmobiliarios de Pontevedra, Feijóo afirmou que o Goberno galego seguirá deste xeito a facer todo o que estea ao seu alcance para que o país avance e para asegurar que o esforzo que fixeron os galegos e os vigueses durante a crise teña pagado a pena.

 

Nesta liña, trasladou a súa confianza en que, de modo inmediato, o Concello lle dea luz verde ao plan parcial que permitirá desenvolver este proxecto, xa que segundo afirmou trátase da maior oportunidade que se presenta en moito tempo para dar resposta ás familias que precisan do apoio das administracións para acceder a unha vivenda, e ao mesmo tempo, contribuír á dinamización dun sector produtivo cunha gran capacidade para a creación de emprego.

 

 

 

 

Afirma  que o Goberno galego seguirá a facer todo o que estea ao seu alcance para que o país avance e para asegurar que o esforzo que fixeron os galegos e os vigueses durante a crise teña pagado a pena

 

 

 

 

“Temos xa investido 10 millóns de euros na compra dos terreos aos propietarios, iniciamos o proceso de contratación das obras de urbanización, e só agardamos a luz verde urbanística para que o proxecto bote a andar”, abundou.

 

O responsable do Goberno galego incidiu en que Galicia vive tempos de oportunidades que non se poden deixar pasar. “Neste momento decisivo, hai quen elixe a parálise e hai quen prefire, como sempre, a confrontación, pero no Goberno galego só contemplamos como opción avanzar”, dixo, avogando por sumar esforzos para seguir traballando polos cidadáns.

 

Nesa aposta por Vigo e polos seu proxectos estratéxicos, Feijóo lembrou que a Xunta está a traballar na construción de máis de 60 vivendas de promoción pública. Ademais dos avances, a través do Consorcio do Casco Vello, na recuperación de 9 vivendas e na adquisición de novos inmobles no Berbés para darlle continuidade ao gran proxecto de recuperación do núcleo histórico de Vigo.

 

O responsable do Goberno galego afirmou que a Xunta seguirá a traballar para que Galicia e Vigo aproveiten cada unha das oportunidades que se lle presenten: oportunidades de desenvolvemento empresarial como a que representa a ampliación do polígono de Balaídos para a consolidación do gran activo industrial que representa a automoción na área sur de Galicia; oportunidades para a proxección exterior, como o proxecto de ampliación do Ifevi, que contribuirá a situar outra vez esta cidade como referente mundial de encontros pesqueiros; e oportunidades de calidade de vida, competitividade e emprego como a que representa a estación intermodal.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.