PONTEAREAS
Ponteareas acomete melloras na rede viaria en Areas e Arnoso
O proxecto, cun investimento de preto dos 36.000 euros, permite a pavimentación de dúas pistas mellorando as súas condicións de seguridade tanto para vehículos como para peóns.
![[Img #31028]](upload/img/periodico/img_31028.jpg)
A Concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, que dirixe María Jesús Garrote, vén de rematar os traballos de mellora viaria en dúas pistas nas parroquias de Areas e Arnoso. Trátase, no de Areas, dunha pista de terra que se atopaba en moi malas condicións, mentres que a de Arnoso, permitirá a reordenación do tráfico nas inmediacións da Casa Cultural de Arnoso.
Os traballos desenvolvidos en Areas, permitiron o asfaltado dun tramo que conecta coa pista que leva ao depósito de auga. Nesta obra foi preciso unha ampliación do orzamento para poder acometer o ancheado da pista en diferentes tramos o que supón unha mellora á hora da súa utilización.
No referente a Arnoso, os traballos consistiron no asfaltado dunha pista no entorno da Casa Cultural da parroquia. Esta obra demandada dende hai tempo polos veciños permite reordenar a circulación coas dúas vías existentes, que pasan a ser de sentido único, no lugar onde esta situada a casa cultural e varias vivendas. Esta reordenación do tráfico mellora a seguridade viaria da zona, xa que o ancho das dúas pistas fai difícil a circulación en dobre sentido.
Os traballos realizados en ambas as dúas vías, incluíron a nivelación do terreo, cachados e recrecido de arquetas e pozos, pavimentación e marcado da estrada e mellora das cunetas e pasos de augas.
María Jesús Garrote, que cualificou como “moi bo traballo” as obras executadas, quixo destacar a importancia das mesmas “xa que se trataba de actuacións demandadas pola veciñanza” e que permitirán que “tanto vehículos como peóns poidan circular por estas vías con garantías”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149