PROVINCIA
A Deputación convoca o certame de artes plásticas Novos Valores 2017
As obras a concurso poderán entregarse, entre os días 18 de abril e 5 de maio, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.
![[Img #31053]](upload/img/periodico/img_31053.jpg)
Acaban de publicarse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as bases que regulan o certame de artes plásticas Novos Valores para a edición 2017. Continuando coa fórmula dos antigos pensionados, recuperada o pasado ano, establécense catro bolsas, por importe de 7.500 euros cada unha, para ampliar os estudos artísticos das persoas que resulten gañadoras do certame.
Como complemento a este premio, a Deputación tamén se compromete a programar nas instalacións do Museo de Pontevedra, no ano seguinte á finalización da bolsa, unha exposición con obras das catro persoas premiadas. Neste sentido, hai que lembrar que en 2017, entre os días 10 de outubro e 12 de novembro, o Sexto Edificio acollerá a exposición coas obras dos e das gañadoras de Novos Valores 2016: Diego Vites (pintura), Basilisa Fiestras (escultura), María Maquieira (debuxo) e Olmo Cuñas (videocreación).
A concesión da bolsa establecerase mediante un convenio entre a persoa gañadora e o ente provincial, concretando o emprego desta e o prazo, que non será superior a un ano. Ademais de cursar a ampliación de estudos artísticos, a persoa adxudicataria deberá entregar unha memoria xustificativa e unha obra orixinal e asinada
Participantes e prazos
Neste certame poderán participar todos e todas as artistas, sen límite de idade, susceptibles de seren considerados novos valores e de diferentes disciplinas artísticas coma pintura, escultura, debuxo, deseño, gravado, fotografía, cerámica e videocreación.
Deben presentar obras orixinais; non se admitirán as que xa fosen expostas noutras mostras, tanto individuais coma colectivas, ou que figurasen noutros certames. Aceptarase unha obra por artista en cada disciplina e o seu peso non poderá superar os 500 quilos nin os 2 metros.
As obras deberán entregarse, no Sexto Edificio, entre os días 18 de abril e 5 de maio, ambos os incluídos, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas. As obras presentadas serán obxecto, ademais, dunha primeira selección coa que se conformará a mostra Novos Valores 2017, que estará aberta ao público, no Museo de Pontevedra, entre o 3 de agosto e o 17 de setembro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149