PROVINCIA
A Deputación aproba a asistencia técnica educativa para Depo Aventura A Lanzada
O importe de licitación é de 160.000 €, 11.000 € máis que o ano anterior, debido á incorporación ao programa de actividades de inmersión lingüística en inglés.
![[Img #31054]](upload/img/periodico/img_31054.jpg)
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de asistencia técnica educativa para o programa Depo Aventura A Lanzada 2017. O importe de licitación deste expediente é de 160.000 €, 11.000 € máis que o ano anterior debido a que as empresas que opten á asistencia técnica educativa do programa deben ofertar, como novidade con respecto a 2016, actividades de inmersión lingüística en inglés. Ao respecto, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, manifestou que "sabemos que é fundamental que as nosas nenas e nenos dominen este idioma, de tanta necesidade para o seu futuro persoal e profesional".
A pasada semana o Goberno da institución provincial aprobaba as bases da segunda edición do programa Depo Aventura A Lanzada, a través do que se ofertan 2.200 prazas, 300 delas gratuítas para menores en situación ou risco de exclusión social, para gozar de sete días na Lanzada, en réxime de pensión completa e cunha ampla programación de actividades para o tempo libre. Neste sentido –segundo indicou Silva–, "ademais de actividades de carácter lúdico, cultural, artístico, medioambiental, deportivo e formativo, imos impulsar, por primeira vez, que unha parte importante destas teña lugar en inglés, co obxectivo de impulsar a inmersión lingüística neste idioma".
A Deputación de Pontevedra subvencionará, co 50 %, 1.900 prazas, mentres que as familias aboarán 100 € por praza, 80 € no caso das familias numerosas. As 300 prazas restantes serán subvencionadas ao 100 % pola Deputación de Pontevedra e estarán destinadas a menores en situación ou risco de exclusión social
Depo Aventura A Lanzada desenvolverase entre o o 25 de xuño e o 9 de setembro, en 11 quendas de 7 días de duración cada unha (do 25 de xuño ao 1 de xullo, do 2 ao 8 de xullo, do 9 ao 15 de xullo, do 16 ao 22 de xullo, do 23 ao 29 de xullo, do 30 de xullo ao 5 de agosto, do 6 ao 12 de agosto, do 13 ao 19 de agosto, do 20 ao 26 de agosto, do 27 de agosto ao 2 de setembro e do 3 ao 9 de setembro).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149