Sábado, 27 de Septiembre de 2025

Xornal21
Martes, 14 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Alumnos do Antonio Palacios reflicten nun traballo sa pegada que deixou o arquitecto que da nome ao seu colexio

[Img #31165]

 

Alumnas e alumnos de 6º de Primaria do Colexio Antonio Palacios, de Torneiros, desenvolven dende hai meses un interesante traballo sobre a Antonio Palacios: o seu proxecto baséase na idea de achegarse ao arquitecto  achegándose ás obras que deixou no Porriño, a súa vila natal.


A ‘Ruta Antonio Palacios’, levou a estas e estes estudantes, coordenados por Mirian C.Leiros e a supervisión de Andrés Vieitez, director do centro, a visitar e estudar polo miúdo a Fonte do Cristo, primeira das obras deseñada por Palacios na súa terra; o Concello, construído entre 1921 e 1924; a Botica Nova, proxectada tamén coma vivenda para o seu irmán, José Palacios, e o Templete, situado antigamente na Gran Vía madrileña coma acceso á estación de Metro de San Luis.


Este traballo plasmouse no blog www.diversostibes.blogspot.com en un cartaz editado en tres idiomas: galego, castelán e inglés, no que se recollen, xunto con material fotográfico, unha explicación breve das obras sinaladas, un código QR, no que se amplía esa explicación, e un plano no que se sinala a localización de cada pegada que deixou Antonio Palacios no Porriño.


Un destes cartaces foi entregado polas alumnas e alumnos, este venres pasado á concelleira de Educación, Lourdes Moure, e ao alcalde accidental, Manuel Carrera, coincidindo coa visita dos estudantes ao Concello.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.