PROVINCIA
A Deputación destina máis de 200.000 euros para a contratación de 22 persoas en Cerdedo-Cotobade
Con esta 8ª aprobación, o goberno de Carmela Silva leva investidos, en pouco máis de dous meses, máis de 7 millóns de euros destinados á inserción laboral na provincia.
![[Img #31173]](upload/img/periodico/img_31173.jpg)
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a oitava concesión de subvencións, nesta ocasión por un total de 200.242,24 €, no marco da liña 3 de emprego do Plan Concellos 2017. Esta cantidade será destinada ao concello de Cerdedo-Cotobade para que poida contratar a 22 persoas.
Carmela Silva sinalou que “con estas achegas, a institución provincial leva xa investidos en pouco máis de dous meses un total de 7.065.942,39 €, o que supón 0 76,22% da liña 3 do Plan Concellos 2017”. A Presidenta provincial sinalou a súa satisfacción “polo avanzada que está a concesión da liña 3 do Plan Concellos”, grazas á cal “a día de hoxe xa se crearon 920 postos de emprego en 50 concellos da provincia de Pontevedra” que suporán a garantía e o mantemento dos diversos servizos municipais destas vilas.
O número de persoas empregadas a través deste proxecto ascende a 920
Esta aprobación súmase ás achegas realizadas con anterioridade para os concellos de Catoira, Forcarei, Gondomar e O Grove, nos que se procedeu á contratación de 67 persoas.
Cabe sinalar que este ano a achega total á liña 3 do Plan Concellos 2017 está situada en 9.270.000 €. Esta cifra supón o 22,5% da totalidade do Plan que, neste exercicio, conta con 41,2 millóns de euros, o que se traduce nun 3% máis que o ano pasado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149